Viaxa co RC Celta
- braisga2002
- 24 nov 2023
- 1 Min. de lectura
A temática elexida para realizar a infografía xorde da curiosidade e de fixarse nun detalle moi chamativo da Primeira División do fútbol español: os desprazamentos do RC Celta. O equipo galego atópase aislado do resto de combinados, sendo os seus encontros máis preto de Vigo no País Vasco.
O problema que máis me inquietou foi a tipografía que debía empregar para que a infografía resultase chamativa, mais non fose demasiado cargante para o lector. Penso que atopei unha forma de solucionalo ben e o uso de escudos e iconas pode axudar no dinamismo.
Tamén dudei nas cores que podía empregar para que seguise unha liña cromática con certo sentido, polo que considerei unha boa solución os espazos brancos polos detalles que se atopan no escudo do RC Celta e penso que axuda a dividir a información para que non todo sexa homoxéneo.

Hai unha boa idea e unha boa presentación dos materiais. Habería que facer axustes en termos de xerarquía dos elementos (dos textos, fundamentalmente), pois hai textos que teñen unha importancia maior que aparecen máis pequenos ou sen esa idea de destacado. Tamén se podería prescindir das fontes xusto no lugar no que están, poñéndoas só ao final do traballo. Polo demais, o traballo coa cor é bo e está ben executado en termos de contraste. A polo seguinte!