top of page

Ferramentas

Recursos para facer máis sinxelo o traballo coa infografía

Captura de pantalla 2021-09-17 a las 12.23.24.png

The Data Visualisation Catalogue é un lugar no que podemos atopar a práctica totalidade das formas gráficas existentes. Pero non só iso, o maior valor deste espazo é que atopamos consello sobre a súa aplicación e sobre o tipo de datos que mellor funcionan con elas. Ademais, é a porta de entrada a aquelas ferramentas que nos permiten a creación destes elementos visuais.

Captura de pantalla 2021-09-17 a las 12.49.02.png

Data Viz Project

Espazo cunha vontade semellante a The Data Visualisation Catalogue. Data Viz Project amplía os elementos explicados no sitio anterior con outros máis vencellados á ilustración, acompañándoos ademais de múltiples exemplos que nos axudan a comprender a súa utilidade.

"Visual Vocabulary"

Visual Vocabulary é un espazo elaborado polo Data Scientist Pratap VardhanTrátase dun recurso que nos serve para comprender a utilidade de cada forma gráfica á hora de establecer as diferentes relacións posibles entre os datos: cambio ao longo do tempo, desviación, correlación, etc. 

Este recurso está inspirado polo "Visual Vocabulary" do Financial Times, que agrupa os diferentes tipos de visualización baixo o mesmo propósito.

Captura de pantalla 2021-09-17 a las 12.48.17.png

Adobe Color é unha ferramenta que nos serve tanto para atopar combinacións de cor que funcionen de xeito harmónico como para dar coa cor exacta dentro dunha imaxe con só cargala dende o noso ordenador.

Captura de pantalla 2021-09-17 a las 12.55.07.png

Coolors é unha ferramenta semellante a Adobe Color, xa que permite identificar e xerar paletas de cor que funcionen de xeito eficiente. Conta ademais con utilidades para o seu emprego en espazos como o ordenador, o navegador ou redes sociais como Instagram. Todo para un correcto uso da cor. 

Os consellos de Samantha Zhang

En "Finding the Right Color Palettes for Data Visualizations" a deseñadora Samantha Zhang aporta algúns consellos sobre como afrontar a elección da peleta de cores á hora de acometer un proxecto de visualización da información. Ademais, aporta unha  exemplos centrados no tratamento da cor neste tipo de traballos e tamén algúnas ferramentas de utilidade para a correcta selección da gama cromática.

Captura de pantalla 2021-09-17 a las 13.06.04.png

Travel by color  é un bo exemplo da importancia da cor e da súa utilidade como elemento para agrupar os contidos. Anímovos a explorar este espazo, entre outras cousas pola beleza dos materiais que nel se presentan!

I💙IMG é un concepto semellante a outra ferramenta ben coñecida por todos, I❤️PDF. O seu funcionamento tamén é semellante, pois é un editor online de imaxes no que podemos facer modificacións sinxelas sobre estas (tamaño, recorte, compresión ou conversión, entre outras). 

Remove.bg

Remove.bg serve para esas ocasións nas que precisamos retirar o fondo dunha imaxe, xa que só queremos quedar coa silueta do obxecto que aparece nela.

ColorPick Eyedropper

Extensión para o navegador que nos permite identificar a cor que hai nun punto concreto dunha páxina web.

bottom of page