top of page

Unións matrimoniais entre homes en España (evolución dende 2005)


A idea do tema xorde porque os medios adoitan abordar as unións matrimoniais ou os divorcios entre persoas de distinto xénero, case nunca inciden nas persoas pertencentes ao colectivo. Os datos foron sacados do INE e amosa unha evolución dende o 2005, ano da legalización do matrimonio igualitario en España.


A verdade é que non tiven ningún problema á hora de realizar a práctica. Unicamente tiven en conta que a paleta de cores empregada tivera sentido e se artellase como un conxunto harmónico entre as tres pezas.



Como se pode observar, Madrid encabeza as unións matrimonais entre homes. Ao final, Madrid si que pode ser tan moderna como un espera. Isto coincide coa idea de que é unha gran cidade que conta con múltiples espazos de ocio e liberdade para o colectivo LGBT+.





En xeral, todas as comunidades autónomas de España amosan unha evolución e unha tendencia positiva. Porén, Ceuta e Melilla son as que pechan o grupo. Ao final, Ceuta e Melilla contan con culturas diferentes incluso onde se pode estancar a inclusión con respecto ao matrimonio igualitario.





Sorprende Andalucía como a segunda comunidade con máis incremento de unións matrimoniais igualitarias dende 2005, posto que é unha comunidade na que hai bastante controversia con respecto a identidade LGBT+ e a etnia.



1 comentario


angel.vizoso
02 ene 2024

Pois os tres materiais están case perfectos. Todo funciona correctamente e a xestión da cor é excelente. Tamén están ben traballados os datos e os títulos e subtítulos. O único detalliño que quedo por axustar foi o do espazo de traballo, que debería ser mudado a galego para que así conecte co idioma empregado nas visualizacións. Fóra desa cousa pequena, un noraboa ben forte!!

Me gusta
bottom of page