Un Vigo de película
- irenegonzalezlopez
- 26 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Para a elaboración desta práctica elixín o tema das producións audiovisuais rodadas en Vigo, xa que tiña un gran interese para min por proximidade. Para isto, escollín unha selección daquelas que tiñan maior relevancia ou localizacións, incluíndo tanto películas coma series.
Debo recoñecer que á hora de realizar esta infografía foi na que atopei maiores inconvintes das catro, mais non considero que tivese necesariamente un grao de dificultade superior ao resto. Sen embargo, xurdíronme algúns problemas que me fixeron repetir os pasos varias veces, como na re dimensión das imaxes.
Outro punto no que atopei certas dificultades foi no da elaboración dos pop-ups, xa que nalgúns casos atopaba moita información das localizacións e noutros ningunha, o que me dificultaba a elaboración do texto.
A pesar disto, considero este recurso de gran utilidade e gustoume aprender a elaborar un mapa interactivo, xa que considero que é útil para completar moitas información.
Só sinalaría dous aspectos, xa que o resto funciona á perfección, tanto visualmente como en termos de programación. O primeiro deles sería ese "fontes: múltiples". Neste caso ou as indicamos ou non, xa que dicir que son múltiples leva a quedar como estabamos ao comezo. En segundo lugar, tocaría revisar a pertinencia de poñer as etiquetas cos nomes dos lugares. Neste caso, ao optar polo mapa de imaxes e estar todos os puntos tan xuntos, estes globos tapan moitas desas etiquetas, facendo que deixen de funcionar correctamente e de facer a súa función. Fóra deses detalles, moi ben traballado!