Un percorrido polos festivais de arte urbana da Galiza
- analoureirosanchez1
- 28 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Nesta gráfica escollín representar algúns dos murais máis icónicos de tres dos festivais de arte urbana máis importantes de Galicia; o Delas Fest, o Compostela Contemporánea e o DesOrdes Creativas. Seleccionei tamén un mural conmemorativo da contorna elaborado por artistas referentes do muralismo. A principal dificultade do gráfico foi conseguir localizar toda a información (tanto de localización exacta como de técnicas empregadas ou de significado da peza). Outro reto foi que conviviran os murais de Ordes cos de Compostela, o que se soluciona coas categorías. Modifiquei tamén as cores e o estilo do gráfico e engadín pop ups e paneis para todos os murais. Nun primeiro momento quixen poñer o panel na esquina esquerda, pero coa fotografía quedaba significativamente mello centrado. A cor azul, escollida para os ornamentos dos pop ups, seleccionouse para darlle unha toque de cor sen engadir máis cores que as que xa aparecían no mapa, procurando con isto certa harmonía. As letras con serifas do título acaban de ornamentar a peza.
Pois só se poden sinalar dúas cousas, xa que todo o demais está perfecto. A primeira é algún tipo de indicación que nos convide a facer click sobre os puntos para, ademais de obter a ventá emerxente, acceder tamén ao panel onde está a imaxe. A segunda sería a necesidade de revisar a proporción das imaxes na programación que inclúes á hora de presentalas. Lembra que se damos alto e ancho só é válido se as imaxes son todas iguais ou se son cadradas. Se non se dan estas circunstancias, o mellor é traballar só cun dos dous valores (alto e ancho) e que a imaxe se axuste a eles sen perder a súa proporción. Bo traballo!