top of page

The Nightmare Before Christmas

A inspiración da infografía parte desta etapa do ano que comeza: a festividade do samaín. Buscaba reflectir esa estética, as cores escuras, os tonos alaranxados,… e o primeiro que se me veu á mente foi un dos meus filmes preferidos: “The Nightmare Before Christmas”.


O título da película posiciónase en grande no centro, mentres pululan ó seu redor os distintos elementos gráficos que conforman a infografía. Todos eles pretende informar dos datos básicos para coñecer a película: os personaxes, a banda sonora, o director, o ano de estrea e algún dato curioso máis.


O principal reto foi intentar expoñer a información dun xeito claro e estético, pero sen sobrecargar a páxina, buscando un equilibro entre o número de imaxes e a cantidade de texto. Decidín, a partir da lúa, empregar círculos amarelos para expoñer os datos dunha forma armónica.


As cores que prevalecen son amarelo, laranxa, negro e branco para o texto. As duas fotografías que aparecen (Tim Burton e Henry Selick) decidín editalas nunha aplicación con filtro de bosquexo para que concordasen coa estética e, así mesmo, colocalas enfrontadas como se se estivesen mirando e xulgando.


1 comentario


angel.vizoso
26 nov 2023

O traballo está ben executado en termos de estética, de cores e de contraste entre estas e todo o que se presenta sobre o fondo elixido. O terreo no que tocaría facer algo de revisión é na presentación dos bloques de texto. No seu estado actual son algo pequenos, o que introduce algo de dificultade para a lectura neses puntos. Ademais, a sorte é que hai espazo para poder aumentar ese tamaño e que mellore a súa lexibilidade, así que a solución non debería ser complicada nese sentido. A polo seguinte!

Me gusta
bottom of page