top of page

Tesouros naturais de Galicia



Para esta terceira práctica o primeiro que se me viu á cabeza foi natureza, xa que ademais é algo que me fascina, e entón acabei escollendo diferentes lugares de Galicia que teñan alto valor natural ou, nalgún caso, recunchos descoñecidos. Teño que dicir que a escolla do tema e dos lugares foi un pouco de maneira aleatoria. Si que seguín algún criterio como por exemplo que sitios moi coñecidos que puxen como a Fervenza do Ézaro, o Río Miño ou o Monte do Gozo estiveran neste mapa, mais outros lugares foron un pouco como me foi cadrando xa que non o pensei moito. O feito de non pensar en algo máis orixinal fíxome levar a práctica un pouco costa arriba e non porque non me gustara, senón porque sentía que non tiña ningún interese. Con todo, penso que ao final quedou algo medianamente decente, coas súas bastantes melloras.


Por outra banda, tiven algún que outro problema de entendemento con Flourish xa que é unha aplicación que me custou un pouco entender. Fóra de atopar o tema, é un exercicio que, non é complexo en si. Só leva tempo facer todo ben e leva paciencia. Ir buscando a localización de cada lugar, as fotos, a información e, despois, dalle os toques finais coa negrita ou cursiva... son cousas bastante sinxelas pero sumadas todas entre si levan tempo. Persoalmente estou satisfeita co traballo e é moi seguro que Flourish me ofrecera máis cousas para facer mil veces mellor o mapa pero eu non souben atopalas (xa non investiguei moito que tiña medo de borrar o que xa tiña feito como me ten pasado outras veces).




1 comentario


angel.vizoso
03 ene 2024

A parte visual e a xestión da programación está ben. O que nos falla está na parte de contido. Non son cousas gravísimas, pero si relevantes. Por unha parte, faltan todos eses elementos de título, subtítulo e autoría. Ademais, en termos de contido, o que hai na ventá emerxente queda algo curto. Aínda sendo correcto, hai certa marxe para máis. Ademais, en termos de publicación, lembra que o incrustamos co código iframe, para que entre a formar parte da páxina web na que queremos meter o noso contido. Isto é importante, pois o xeito no que está publicado neste momento non é tan eficiente dentro dunha noticia.


Polo demais, en termos de cor e de xestión das categorías está moi…

Me gusta
bottom of page