top of page

Taxa de paro entre homes e mulleres no segundo trimestre deste ano

En liñas xerais esta práctica non foi complicada, diría que o máis difícil era escoller os datos e poñerse a facelo. De todos xeitos, tiven un pequeno problema á hora de facer o mapa e tiven que facelo de novo porque borrei todo (non sei que fixen), polo resto non tiven complicacións.


En canto á escolla de cores, procurei que foran bastante neutras e en xeral, non teñen ningún criterio. Inicialmente só ía poñer a porcentaxe de paro pero ao final decidín poñer na táboa o número para que me dera máis xogo no mapa e así poder poñer algunha anotación. Mencionar que o tema foi o primeiro que se me ocurriu, a pesar de ser un tema moi típico para este tipo de prácticas. Con todo, non quixen facer comparativa entre anos porque pensaba que iso era aínda típico. Por iso decidín comparar só a taxa entre homes e mulleres a ver se atopaba diferenzas chamativas e de feito ao final sorprendeume a min mesma á hora de ir facendo a práctica que a porcentaxe de mulleres en paro no último trimestre de 2023 fose superior á de homes en todas as comunidades, menos unha, e nalgúns casos con diferenzas moi notables.

Son consciente de que en liñas xerais o traballo podería estar moito máis completo con algúns pequenos detalles, incluíndo unha maior interpretación dos datos, pero si que hai algunhas cousas que quería facer que non puiden (máis ben non logrei facer). Por exemplo, no mapa, quería poñer unha anotación que tivera varias frechas.


































































1 comentario


angel.vizoso
02 ene 2024

A táboa está ben resolta e ben conectada co gráfico a nivel cromático. Non sucede iso mesmo no mapa, xa que faltaría por mudar e adaptar ao resto de proxectos a escala de cor, escapando ademais dunha das predefinidas da aplicación. Polo demais, neste material está ben programada a ventá emerxente.


Finalmente, en canto ao gráfico, a forma seleccionada non é correcta ao 100%. Este tipo de gráficos de barras serven para ir agregando a información. Neste caso, que en España haxa un 13.16% de homes e un 10.19% de mulleres no paro non significa que haxa un 23.35% de persoas no paro. É dicir, non son sumables. Aquí funcionaría mellor un de barras agrupadas, un de bala, un de…

Me gusta
bottom of page