Síndrome CTNNB1 - Alejandra B. Tojo
- mariaalejandra.barco
- 11 oct 2023
- 1 Min. de lectura
A escolla dun tema de interese e que á vez fose adaptable para realizar unha primeira infografia resultoume complicado. Pois nun principio o ámbito que ía escoller era completamente distinto, quería centrarme na memoria histórica, mais fun consciente de que era difícil de adaptar e optei por cambiar de ámbito. Finalmente decidín centrarme nunha enfermidade rara moi pouco coñecida e con poucos doentes, a Síndrome CTNNB1.
O primeiro paso foi decidir os puntos chave que pretendía plasmar na infografía: definición, persoas afectadas, síntomas, detección, como afecta e o tratamento.
Sendo consciente de que ás veces o ámbito da saúde resulta complexo de entender, optei por empregar moitos elementos gráficos, para que cun golpe de vista se entendese que trataba cada apartado.
As cores empregadas foron o verde e o azul, unhas tonalidades claras. O verde simboliza a saúde, mentres que o azul está relacionado coa calma e confianza.
O aproveitamento do espazo foi un dos obstáculos cos que me atopei, entón tiven que redistribuír os elementos da infografía para garantir unha harmonía visual.
Ao tratarse dun tema tan formal, a firma resultou sobria, mais acorde co resto da peza.
Hai un bo proceso de selección da información. Este era un risco que estaba aí no teu traballo, pois trátase dunha información complexa e técnica, pero consegues dar os impactos necesarios sen que exista un abuso do texto. A xestión da cor é boa e tamén a creación de relacións entre os elementos (distancias, marxes, etc.), salvo en ocos como entre síntomas e como se detecta? / como afecta?, onde hai bastante máis espazo en branco que noutros similares.
O principal punto para a mellora chega nas zonas de texto. Este texto é correcto, pero faltaría apostar por unha presentación máis atractiva, mudando tipografías, tamaños e mesmo a cor neses bloques. A idea sería fuxir do que se faría nun…