top of page

Roteiro de Castelao



Esta infografía reflexa unha serie de lugares que compoñen o roteiro de Castelao. O roteiro como tal conta con moitos máis puntos, pero decidín reducilos e escoller os máis importantes (para min).


O máis complexo, ainda que non o pareza, foi intentar organizar os espazos nas categorías e escoller as iconas que os diferencien cunha primeira ollada. Ao estar concentradas todas as ubicacións nun espazo tan pequeno como é a vila de Rianxo moitos dos lugares solápanse, tendo que ampliar o mapa para entendelo con claridade.


Aínda así, penso que coas cores e iconas escollidas conséguese entender perfectamente o mapa sen necesidade de facer click en cada un dos puntos.


1 comentario


angel.vizoso
03 ene 2024

Fáltanos explotar a parte do título e, se cadra, tamén un subtítulo pero, polo demais, o mapa está moi ben elaborado. Hai un bo traballo coas categorías pero, sobre todo, coa xestión dentro da ventá emerxente, que funciona á perfección. Habería algo de oco para alixeirar a ventá emerxente con algo máis de información desa que denominamos como "rápida", pero o presentado é correcto. Ademais, a selección do mapa de base é moi acertada para este contido, estando perfectamente integrada na estética proposta. Noraboa!

Me gusta
bottom of page