Reportaxe sobre emprego e salarios
- luciacamposgonzale
- 20 dic 2023
- 2 Min. de lectura
Lucía Campos González - Práctica 4
As gráficas realizadas poderían ser engadidas nunha reportaxe da área económica que comparara salarios e empregos entre España e outros países da Unión Europea.
Os datos empregados para a realización desta práctica son, en primeiro lugar, a cifra media dos salarios por comunidade autónoma do INE. Neste caso quería comparar a evolución do salario medio en intervalos de 5 anos, polo que filtrei os datos para os anos 2022, 2017 e 2012. Desta fonte obtiven o primeiro arquivo de datos, que se pode consultar nesta táboa de Excel xa limpos.
O segundo dos arquivos que traballei procede de Eurostat, unha fonte de datos coa que nunca traballara e onde se presentou unha das primeiras dificultades para a realización desta práctica. De aquí saquei o número de empregados en ciencia e tecnoloxía nos países do sur Europa, datos que limpei no Excel e nesta mesma aplicación comparei cifras entre os anos 2022 e 2021 a través das fórmulas que ofrece.
Estes foron os resultados.
En canto ás dificultades deste traballo principalmente sinalar a inexperiencia con este tipo de formas e tamén a recollida de datos adaptados a cada formato, sobre todo na gráfica Hierarchy coa que nunca traballara previamente. Tiven que darlle varias voltas ao funcionamento de cada unha delas para saber que tema podería encaixar mellor, xa que a maioría de datos que tiña en mente implicaban o emprego de porcentaxes e non de cifras totais. Mais despois de abrir cada ventá a explorar todas as funcionalidades que ofrece considero que é unha ferramenta con moitas posibilidades, polo que decidín engadir máis información nos Popups.
Scatter (dispersión). Para esta gráfica decidín engadir outra máis sinxela dentro dos Popups para que mostrara a evolución no conxunto do país, o que permite entender as cifras nun conxunto máis amplo.
Hierarchy. Para complementar esta gráfica engadín en cada Popup unha comparación coas cifras do ano anterior co fin de coñecer a evolución de número de empregos entre ambos anos.
Con todo, creo que é unha práctica que permite coñecer mellor as funcións de Flourish e que nos ensina que existen outro tipo de gráficas diferentes ás convencionais.
Podería buscar e buscar e seguiría sen atopar nada. Tanto o de xerarquía como o de dispersión teñen un traballo excelente detrás. Sucede iso no terreo dos datos, pero tamén no da presentación, a xestión do espazo e a cor. A programación da ventá emerxente é correcta en ambos casos, servindo como elemento para ampliar o contido que aportan os propios gráficos. En termos de cor, a gama seleccionada funciona moi ben, xa que ao moverte dentro das cores pastel logras unha boa combinación mesmo sen empregar exactamente as mesmas. Noraboa!! Moi bo traballo!