top of page

Reducirase a metade da poboación en España no ano 2100?

Para esta práctica escollín os datos de natalidade dos anos 2020/2021 debido a que onde atopei máis diferencias nas cifras. A parte máis complexa foi escoller en que formato quedaría máis clara a información para os lectores.

Se falamos de Datawrapper, para min foi a aplicación máis difícil de empregar para as prácticas. Cando quería volver para atrás para facer modificacións en datos, cores ou deseño sempre se me borraban.

En España nacen cada ano menos bebés, segundo os datos do INE, atopámonos nun período onde cada día nacen menos de 900 cativos. Esta cifra é alarmante xa que é a máis baixa dende que hai anos. Ademais, se os comparamos cos datos do resto do mundo, estamos un punto por debaixo da media mundial, tendo unha tasa de fecundidade de 1,3 fillos por muller. Os únicos países que non nos superan son Corea do Sur cunha media de 0,9, China (1,2) e Malta (1,13).



O Instituto de Métricas y Evaluaciones de Salud (IHME) da Universidade de Washington publicou un estudo onde confirman que o mundo non está preparado para a caída dramática no número de nacementos, un fenómeno que terá un impacto traumático nas sociedades. Aseguran que a poboación reducirase a metade en 23 países, entre os que se atopa España, para o ano 2100.




Este descenso provocou que España pase a estar no posto número 18 ao segundo país da Unión Europea (Ue) con menor proporción de cativos.

Podemos preguntarnos porque ocorre isto, pero a verdade non hai un único factor. No contexto actual temos unha crise de valores, falta de oportunidades para a xente nova, dificultades para o acceso á vivenda, retraso da maternidade, poucas axudas para as familias… Todas estas circunstancias afectan a esta ‘nova situación’ na que vivimos. No ano 2022 houbo 329.812 nacementos en España, a cifra máis baixa dende o ano 1941, época de posguerra.




1 comentario


angel.vizoso
02 ene 2024

A nivel cromático hai un bo traballo nos tres materiais e o gráfico elixido é pertinente para o que se quere trasladar. Ademais, o traballo cos datos é bo.


No terreo de cousas nas que se pode afinar un pouco máis sinalaría a necesidade de aproveitar un chisco máis os subtítulos, facendo deles un espazo informativo. Ademais, falta a autoría no gráfico e a edición da ventá emerxente no mapa. É importante aproveitar tamén estes espazos, xa que serven para dar un extra a estes proxectos.

Me gusta
bottom of page