Quiroga non coñece a alta velocidade
- Carlos Julio González Gómez
- 25 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Para esta primeira práctica escollín o tema ferroviario. A chegada da alta velocidade a Galicia deu moito que falar, pero máis alá de Ourense a situación non mudou. É o caso do sur de Lugo ou Valdeorras, comarcas con moitos emigrantes que empregan o Alvia Galicia - Barcelona, coñecido como 'o catalán'.
Neste caso, aproveitando que moitos volven a casa polo Nadal tómanse os tempos de viaxe dende diferentes paradas relevantes do traxecto da liña e búscase algunha actividade ou aspecto rechamante co que comparar. Aí xurdiu un dos problemas: o de buscar eses elementos sen repetir temáticas e tratando de que fosen temas coñecidos que quen vexa a infografía poida reter.
Nun principio, o obxectivo era buscar o tempo de viaxe dende Quiroga ata as principais cidades de España. Porén, para ir a Madrid en tren, por exemplo, hai que facer unha pequena parte do traxecto en autobús e representalo resultaba moi complexo. Sobre todo porque unhas viaxes eran directas e outras con trasbordo. A decisión final foi escoller a antes citada liña ferroviaria, por ser moi empregada.

Realmente está moi ben ideada. A xestión da cor é moi boa e conecta á perfección coa liña cromática de Renfe. Ademais, logras contraste entre os fondos e os elementos presentados sobre eles. Hai tamén unha boa xestión do espazo, aínda que a nivel de relacións hai máis distancia entre os nomes e os tempos de viaxe de León e Burgos ca entre o resto. Habería certo oco para o axuste nesa zona, pero unha cousa moi pequena. Ben traballado!