Que é o “Fast-fashion” e cal é o seu impacto no medio ambiente?
- Silvia Casal
- 22 ene 2024
- 4 Min. de lectura
A roupa está destinada a ser olvidada en pouco tempo, as tendencias aceléranse, créanse prendas de usar e tirar e o medo a non “estar á moda” propicia un consumismo innecesario.
Camapaña de Vestiaire Collective “Think First, Buy Second” (2023)
Comezan as rebaixas. Hai máis coches do normal na cidade, as rúas énchense de xente e nas tendas fórmanse colas interminables. No ambiente percíbese a rapidez, a présa e a ansia por comprar e consumir, nunha sociedade na que todo semella efímero. Espazos con luces de hospital, voces mesturadas con música de discoteca e aires acondicionados ao máximo. Neste entorno enfráscanse centos de persoas, pero a soidade abarca o interior das tendas. Persoas abstraídas da realidade, concentradas nun único propósito: atopar esa prenda que buscan. Todos formamos parte desta sociedade na que actuamos como individuos independentes do resto do mundo. Unha sociedade na que o consumismo nos fai escoller un obxecto antes ca unha persoa; na que o material provoca envexas e discusións e a ética e as preocupacións sociais esvaécense tan rápido como aparece unha nova tendencia.
Este é o mundo no que vivimos. Un mundo no que a Industria da moda recibe o premio de ser unha das máis poderas. Pero recibe outro tamén: o de ser a segunda máis contaminante. A industria téxtil é responsable do 20% do desperdicio total de auga a nivel global e provoca o 8% das emisións de gases de efecto invernadoiro. Cada ano toneladas de prendas rematan en vertedoiros liberando residuos e substancias tóxicas e xerando contaminación na agua, na terra e no aire. De feito, cada segundo, entérrase ou quéimase unha cantidade de téxtiles equivalente a un camión de basura (Programa da ONU para o medio ambiente)
Para calcular os impacto da industria a ONU emprega a análise do ciclo de vida, unha metodoloxía para achar a pegada ambiental da roupa. Segundo o programa das Nacións Unidas para o Medioambiente (UNEP), esta análise estuda o desempeño ambiental dun produto ó longo da súa vida dende a extracción das materias primas ata o seu fin e xestión dos seus residuos.
Este ciclo está composto por cinco fases (extracción das materias primas, fabricación ou manifactura do produto, transporte e distribución, uso e recolección final). En casa unha das fases téñense en conta todos os impactos, tanto os que se aportan para seguir o ciclo (auga, enerxía…), como os que se producen en cada fase (contaminación da terra, gases…).
Este sistema de consumo constante no que os ciclos de vida da roupa son cada vez máis curtos vén da man do fast fashion. O fast fashion é a produción en serie de roupa de baixo custo, tendencias que cada vez cambian de forma máis acelerada e escaparates e coleccións que rotan cada semana. Isto só é viable producindo prendas de moi baixa calidade con pouca vida útil. É un círculo vicioso. Compramos máis, tiramos máis, xeramos máis residuos e volvemos a comprar.
Niso se basea un sistema consumista. Rexéitanse toneladas que roupa case nova e xérase unha enorme cantidade de desfeitos nun bucle no que se busca “estar á moda” e seguir tendencias. Tendencias cada vez máis curtas e pasaxeiras. Cada vez o mundo da moda avanza máis rápido, algo influído enormemente polas redes sociais.
Varios estudos afirman que rotar as coleccións de moda cada poucos días ou semanas aumenta o desexo e a sensación de necesidade de compra, porque contribúe ó FOMO, o medo a perderse algo (fear of missing out).
Onde acaban eses residuos?
Tres quintas partes de toda a roupa do planeta acaba en vertedoiros (ou incinerada) no prazo dun ano dende o momento no que comeza a súa produción. A maioría das instalacións na que rematan os desfeitos atópanse no sur de Asia ou África. Alí, as cidades acumulan o lixo dos países desenvolvidos.
En Chile atópase o Deserto de Atacama, o maior vertedoiro de roupa do mundo. Cada ano ingresan polo porto arrededor de 59.000 toneladas de roupa usada. Parte desta roupa é revisada polos importadores dos contedores, que seleccionan roupa de primeira e segunda categoría e desfanse do restante neste deserto. (National Geographic)
Os grandes montóns de roupa (usada e mesmo nova) que poblan o deserto chileno son a clara materialización de que un sistema como o do fast-fashion non é viable. Existe un exceso de roupa no mundo. Para que seguir producindo? Para volver a tirar?
Comeza a haber alternativas e marcas sostibles que loitan contra o fast fashion. Aínda así, a solución máis viable e ó alcance de todo o mundo leva existindo dende sempre: os tres erres. Reducir o consumo de roupa. Reciclar a que non usemos. No caso de querer comprar, Reutilizar: comprar de Segunda Man.
Segundo o Informe do 2022 do Efecto Medioambiental da Segunda Man (creado por Milanuncios), o mercado de segunda man en España supuxo un aforro potencial de 922.557 toneladas de CO2 durante 2022, o que equivale a todas as emisións de España en 2 días completos ou á produción de 10 millóns de sofás.
As novas xeracións apostan por este mercado. Cada vez son máis persoas as que deciden cambiar os seus hábitos de consumo, xa sexa por sostibilidade, por motivos económico ou por “moda”. Os compradores vén con outros ollos estes artigos. No canto de tomalos como “vellos” ou “anticuados” conseguen adherilos ao estilo propio. Isto refléxase nas rúas. Tanto fixándose nos estilismos da poboación como nos escaparates repletos de artigos de segunda man que comezan a invadir a cidade.
O relato xerado é moi bo e os materiais visuais que entran a formar parte del están perfectamente integrados no discurso. A xestión da cor é moi boa ao longo de todos os materiais visuais presentados e tamén hai unha boa programación neles. Como punto para a mellora, habería marxe para reconfigurar un pouco os bloques dentro da infografía do ciclo de vida dunha camiseta, facéndoos máis claros e facendo máis evidente que elemento pertence a cada bloque. É un nada, xa que a nivel xeral hai unha boa construción pero, de todo o presentado, sería o único elemento con potencial de mellora, pois o resto está moi ben conseguido. Noraboa!