Que é LerCom?
- raulsalgueiro5
- 16 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Para este traballo, aproveitei a idea que tiña de crear un club de lectura na FaCom. Por iso, decidín crear unha infografía que recolla datos básicos deste proxecto. Ademais de ser un club de lectura, tamén pretende ser un espazo onde as persoas que formen parte del poidan compartir os seus escritos ou obras que xa teñan escritas ou aínda por escribir.
Comecei cunha idea totalmente distinta á peza final. Inicialmente, deseñei unha infografía baseada nunha estantería xigante onde cada espazo puidese ser unha razón para apuntarse á LerCom. Porén, non me terminaba de gustar o formato, as cores e o rematado. Por iso, optei por crear un espazo confortable para persoas que gozen da lectura. Entón, foi o que finalmente fixen. Deseñei un espazo ideal para lectores e puxen as razóns de maneira máis minimalista, sen recaer no horror vacui barroco. Segundo Ángel, para esta práctica menos é máis. Xa iremos probando máis cousas e deseños para as vindeiras prácticas.
A meirande parte dos elementos son sacados do propio Canva, aproveitando as oportunidades que ofrece a plataforma. Os poucos datos que hai están referenciados na propia infografía, e a meirande parte do texto foi escrito e imaxinado por min atendendo á natureza do proxecto.
Agardo que alguén se anime a ler na LerCom!
A nivel xeral o proxecto está moi ben traballado. Seguramente habería marxe para suavizar un pouquiño a cor de fondo dos bloques do centro nos que vai o contido, facendo así que resalte máis o texto e que teña máis peso dentro deses conxuntos. A maiores, hai tamén marxe para facer máis grande o título do traballo, xa que hai bastante espazo ao redor. Deste xeito salientamos tamén o elemento importante, que é o nome da iniciativa ao tempo que enchemos ese oco. Fóra deses detalliños, bastante pequenos, moi ben traballado! Noraboa!