Que setas podo recoller en Galicia?
- jorgenoyabotana
- 11 oct 2023
- 1 Min. de lectura
JORGE NOYA BOTANA / Práctica 1
Para a primeira infografía, optei por ilustrar o camiño dunha ruta micolóxica. O obxectivo é mostrar algunhas das setas máis comúns que podemos atopar en Galicia e dividinas en dous grupos: por un lado, as que son aptas para o consumo; e por outro, as que son tóxicas. Ademais, decidín incluir unha pequena cápsula de información sobre como actuar en caso de intoxicación, segundo as indicacións do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
O maior reto foi elaborar visualmente o camiño, tratando de cubrir o espazo coa información sen deixar grandes vacíos, pero evitando a saturación. Tamén foi algo complicado atopar imaxes nas que aparecese un único exemplar e que se adecuase ao deseño da infografía. E en canto á información escrita, o reto foi escoller aqueles aspectos da descrición do cogomelo que puidesen resultar máis útiles en canto á identificación dos mesmos.
Outro dos aspectos importantes desta práctica foi a escolla da cor. Ao tratarse dunha información relacionada coa natureza, optei polo verde. E para resaltar a información, polo laranxa e polo vermello, cores que se complementan ben co fondo e que permiten dividir os datos en dous bloques diferenciados: os cogomelos aptos para o consumo e os tóxicos, idea esta última reforzada co icono da caveira.
Hai un moi bo traballo de síntese da información e unha boa presentación, xa que todo o que ofreces serve para coñecer mellor o tema. Iso si, habería que facer axustes nun par de terreos. En primeiro lugar, a cor do fondo. Seguramente che resultase máis beneficioso "apagar" un pouco ese verde para que funcione mellor o amarelo dos primeiros elementos. En segundo lugar, fíxate en que hai algunhas desas liñas de puntos que chocan cos círculos de cor dos últimos puntos. Nunha delas aparece por enriba e, na última, aparece difuminada por debaixo. Tocaría facer un chisco de revisión final neses puntos, pero en xeral está moi ben executada. Noraboa!