top of page

Proceso de elaboración dunha peza de Sargadelos



A miña idea era facer notar a identidade corporativa de Sargadelos nesta infografía. Tentei de respetar as cores e as principais tipografías utilizadas pola marca galega tanto nas súas pezas coma na páxina web ou en diferentes anuncios. Decidín facelo desta marca porque penso que ten unha estética moi característica e visual, polo que pensei que podía ser unha proposta atractiva.


O principal problema que atopei foi o da tipografía, pois unha das utilizadas na web era de pago e a que se utiliza no nome da marca non está dispoñible en Canva. Outra dúbida que tiven foi a de utilizar un fondo branco, decanteime por él pero co temor de que quede algo soso, malia ser a cor principal dos produtos da marca.

1 comentario


angel.vizoso
20 nov 2023

A selección das cores está perfectamente executada, pois aquí xa viña marcada tamén pola propia identidade cromática da marca. Onde tocaría facer un pequeno esforzo de reconfiguración é no traballo con algúns dos elementos que introduces sobre o fondo, especialmente no relativo ás imaxes. Creo que neste caso funcionaría ben empregar algún tipo de marco ou espazo no que encadrar as fotografías, xa que presentas tamaños diferentes para cada unha delas. Apostr por algunha fórmula este sentido ou mesmo alterar os bordes para que sexan irregulares podería axudarche a que funcionasen algo mellor.


Eses "Sargadelos" das marxes tamén se están comendo bastante trozo de infografía e fan que o contido nalgúns pountos teña moitas marxes (naquelas zonas onde queda en…


Me gusta
bottom of page