top of page

Pontevedra, un lugar para visitar e descubrir

Para esta práctica, escollín mostrar os principais vestixios históricos da cidade de Pontevedra. Dende a Ponte do Burgo ata a Peregrina, este mapa amosa dunha forma moi sinxela os diferentes puntos de interese para visitar na vila.

Como che expliquei, reutilicei este mapa para unha práctica da asignatura de Novos soportes e Arquitectura da Información, de aí os colores sobrios: combinan coa páxina web que diseñei e fan que o chamativo sexan as fotos, que é o máis importante. Ao final os lugares son os protagonistas, e en Pontevedra, as distancias son cortas debido a súa pequenez.

Hai links en varios dos pop-ups, que enlazan directamente coa Oficina de Turismo ou webs de interese. Non os carguei demasiado xa que a información se complementa cos enlaces, e o importante para min non era dar unha información detallada, senón aproximar os distintos lugares á poboación, neste caso nun mapa de xeito moi visual e cuns poucos datos contextualizadores.





1 comentario


angel.vizoso
03 ene 2024

En primeiro lugar, sinalar que nos faltaron tres elementos importantes como son o título e subtítulo, a fonte e a autoría. Fóra deses elementos que faltan, a selección do mapa de base é moi boa, presentándose en consonancia con toda a estética que deseñas para o mapa. Ademais, a nivel de contido e de programación dentro das ventás emerxentes non se aprecia ningún fallo, polo que funciona todo á perfección. Bo traballo!

Me gusta
bottom of page