Poboación reclusa en Latinoamérica: as consecuencias da pobreza estrutural
- Lara González
- 27 dic 2023
- 1 Min. de lectura
A elección do tema deste traballo non foi moi sinxela, xa que cadrar un tema de interés propio con datos oficiais complicou a tarefa. Podería dicir que a maior dificultade da tarefa foi atopar información e datos fiables e completos para facer os gráficos, pois ao ter unha magnitude tan grande, encontrar datos verificados é complexo. No momento de deseñar o primeiro gráfico plantexeime si eliminar algúns datos, como os de Brasil, para que as cifras non se solaparan (ao ser máis pequenas), mais a información é a que hai, e é a que proporciona interese.
Para facer a seguinte gráfica de Flourish, elexín este en específico porque creo que alberga moi ben todos os datos cos que traballei. Por unha banda están as rexións, que albergan os países máis destacados en pobreza, e dentro de cada un si están en baixo, alto ou medio risco de crise por mor desta problemática.
En primeiro lugar, sinalar que nos faltan a fonte e a autoría para ambos proxectos. Ademais, falta algo de axuste en termos de cor, de cara a que ambos proxectos vaian na mesma liña.
O de dispersión está ben configurado e está a funcionar correctamente. No de xerarquía tocaría revisar a presentación da ventá emerxente, xa que ao traballar con porcentaxes non podemos amosala en todos os niveis. Se te fixas, aporta taxas de criminalidade do 586,6% para América Latina, algo un pouco excesivo. Aí tocaría revisar en profundidade porque, como comentamos, este tipo de gráficos resíntese máis ao traballar con porcentaxes.