Pasos para converterse no líder dunha secta
- Lara González
- 23 dic 2023
- 1 Min. de lectura
A partir da docuserie de Netflix 'Como se convertiron en líderes de sectas', aproveitei os contidos, que me pareceron moi interesantes, e decidín transformar as historias e métodos dos líderes sectarios en visualización da información.
Foi un reto levar a cabo esta infografía, xa que mediante iba a avanzando nela, xurdíanme novas ideas de como agrupar a información, ou como facilitar estes contidos á vista. Despois de semanas, podo dicir que estou satisfeita co resultado. Elexín a cor verde como temática porque era a principal da peza de Netflix. Decidín poñer unha textura de pel de cocodrilo para facer referencia aos manuais antigos "importantes".

Está moi ben traballada tanto en termos de cor como na selección dos elementos que entran ao traballo en forma de iconas e imaxes. A construción de bloques é axeitada e xogos coma o que fas nos títulos de cada un deles cos nomes das persoas que lideran estes movementos funcionan moi ben. O principal punto para a mellora estaría dentro dos bloques, coa xestión das relacións de separación. Por exemplo, o calendario que hai en Sun Myung Moon está case tocando a imaxe e a fotografía de Jaime Gómez aparécenos cortada pola esquerda. Por exemplo, neste último caso habería que pegarlle algo ou pasarlle unha liña para evitar ese efecto. Fóra deses pequenos detalles, moi ben traballado!