top of page

A maioría de homes con emprego activo en España non ten estudos superiores

Actualizado: 24 dic 2023

Para elaborar esta infografía, empreguei dous grupos de datos cos que busquei a relación entre o paro xuvenil e o nivel de formación no emprego. En primeiro lugar, recollín a evolución da taxa de paro xuvenil feminino en distintos países da Unión Europea de Eurostat. Deste xeito, obtiven o primeiro arquivo de datos:



Pola outra banda, o segundo dos arquivos co que traballei procede do INE, no que se recolle a cantidade de persoas en activo segundo o seu sexo, o nivel de formación e a comunidade autónoma.



Unha vez limpados os datos e subidos ao apartado de "Datos" de Flourish, era hora de comezar a elaborar as infografías. Desde o meu punto de vista, foi máis sinxelo realizar o gráfico de dispersión que o de xerarquía, no que tiven máis dificultades.


A primeira foi a referida aos propios datos, xa que tiña en mente empregar unha taxa no gráfico de xerarquía e tiven que cambiar aos valores absolutos para que se visualizase ben a infografía. Xa cos datos anteriormente vinculados, as principais dificultades viñeron dadas polo uso da columna dereita de datos, así coma o tipo de columna.


Ademais, a outra grande dificultade desta práctica foi a inclusión dun gráfico dentro de cada popup do gráfico de dispersión. Como quería poñer un diferente para cada liña do eixo y, tiven que engadir unha nova columna na base de datos onde peguei os vínculos das gráficas. O peor, despois de facela, foi buscar o axuste para do tamaño do iframe para pegalo no popup.


Con isto, xunto outros problemas menores e solucionados, estes son os resultados:


Gráfico de dispersión



Gráfico de xerarquía





2 comentarios


Luis Moares
Luis Moares
13 ene 2024

Tes toda a razón no que dis. Os cambios que comentas xa non podo facelos, verdade?

Me gusta

angel.vizoso
13 ene 2024

O gráfico de dispersión está correcto, tanto no traballo cos datos como na súa representación. Iso si, hai dous elementos que habería que revisar para que quedase ao 100%. En primeiro lugar, ese "Fuente" do pé, xa que estás a facer o gráfico en galego. A maiores, tocaría outorgarlle un pouco máis de ancho á ventá emerxente, para que mellore a reprodución dese gráfico secundario que utilizas.


No de xerarquía hai tamén un bo traballo cos datos e unha boa representación a través da cor. Iso si, faltou por mudar o xeito de presentación das unidades, que non coincide co empregado no gráfico de dispersión e que, ademais, emprega o formato do inglés.


A maiores, en termos de estilo temos…


Me gusta
bottom of page