Os universitarios en Europa
- analoureirosanchez1
- 28 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Neste gráfico optouse por mesturar a información de país, ano e xénero do número de persoas que se graduaron na universidade en diferentes lugares de Europa. A limitación de datos levou a escoller Portugal, Francia e España como os países a analizar. Existían outros países coa información requerida, mais a selección destes tres posibilitaba dar unha “xustificación” da súa selección ao falar de “países veciños”. Para unificar escolleuse unha gama de cores azuis, que evocaba certo grao de erudición. Optouse por localizar os paneis na esquina esquerda e recoller a porcentaxe relativa de graduadas por país e xénero, dando unha imaxe máis “real” da información. Unha das principais dificultades foi localizar e procesar os datos, conseguidos a partir de Eurostat.
O problema fundamental nesta gráfica era o condensados que estaban algúns datos con respecto doutros, para mellorar a visualización optouse por facer que non todas as franxas do eixo x foran do mesmo tamaño, sendo conscientes de que perde representatividade pero gaña en comprensión. Para conseguir uns datos aínda máis precisos optouse por introducir no pop up unha gráfica que recollera a porcentaxe de estudantes por país en relación ao seu número de habitantes, conseguindo así información de bastante interese. Seguiuse empregando unha cor azul mesturada con tons grises (buscando a neutralidade) e optouse por en cada un dos gráficos dos pop ups remarcar o país que se estivera a indicar.
No de xerarquía faltou por axustar o formato de presentación das unidades, igual que no de dispersión. Facer uso das comas para separar os milleiros en galego e español é introducir unha pouca de confusión, pois temos o hábito de velos con puntos ou sen nada. Polo demais, hai unha moi boa xestión dos datos e unha moi boa presentación, tanto na selección dos elementos como no traballo coa cor. Noraboa!