top of page

Os suicidios en España e en outros países do mundo

Esta última práctica foi, dende logo, a máis difícil de todas. A temática que escollín finalmente foi a dos suicidios, xa que son un grave problema de saúde pública ao que creo que non se lle dá suficente voz. Na primeira gráfica decidín poñer o número de países, xunto coa súa taxa, en diferentes países do mundo. Usaríao nunha mesma noticia ou reportaxe para contextualizar, de maneira xeral, da situación previa á pandemia (e en anos máis atrás) e como foi mellorando nalgúns países e empeorando noutros. Por outra banda, na segunda infografía decidín, despois de darlle moitas voltas, representei a taxa de suicidios en cada Comunidade Autónoma de España en diferentes anos; un antes do covid (2019), no ano da pandemia (2020) e un ano despois (2021). Ao facer esta segunda gráfica sobre as diferentes autonomías, a noticia ou reportaxe estaría máis enfocada en como está a situación actualmente en España e se empeorou coa pandemia. Tamén pensei en facer esta segunda gráfica do gasto sanitario por Comunidade Autónoma máis non din atopado os datos que quería, xa que concretamente quería poñer o gasto destinado á saúde mental.


En canto ás dificultades que atopei, a primeira foi non volver a pensar de todo ben o tema xa que tiven bastantes problemas á hora de meter os datos, despois ver que non me cadraba ben... Sobre todo foi coa segunda infografía, xa que ao primeiro pensaba que metera todo mal e en liñas xerais custoume moito que se me amosara todo como quería (que aínda así non quedou como eu tiña na miña cabeza). Teño que dicir que me desquiciei e me frustrei bastante con esta práctica e o meu entendemento con Flourish foi cada vez a menos pero dentro do que se pode creo que o máis básico, domineino. Para rematar, dicir que as cores, ao ser unha temática tan delicada, foi algo que pensei en exceso e creo que ao final quedaron medianamente decentes.


Os datos da primeira infografía saqueinos de datosmacro.com (fun copiando e pegando así que deixo o enlace) e tamén da páxina de datos da ONU para poñer a taxa de suicidio máis aproximada.

Para a segunda infografía saquei os datos do INE.







1 comentario


angel.vizoso
15 ene 2024

O traballo no gráfico de dispersión é moi bo, motivo polo cal é unha mágoa que nos falte a fonte e a autoría xa que, polo demais, está perfectamente executado.


No de xerarquía faltan uns cantos axustes no terreo visual, adaptando o ancho das marxes dos cadros e tamén a presentación das etiquetas para que se vise a cifra que representa cada unha das porcentaxes para cada un dos anos. Así o gráfico gañaría en claridade. A maiores, tocaría tomar unha decisión en termos de cor, xa que o teu gráfico ten moitas cores sen que neste caso indiquen nada. Aquí a mellor decisión sería ter optado por unha única cor e que, ademais, conectase co realizado no traballo de…


Me gusta
bottom of page