top of page

Os países da UE incrementan o investimento en I+D


Bandeira europea impresa nun billete de 100 euros | Fonte: Pexels.


Para esta cuarta práctica optei por unha temática vencellada ao ámbito económico, concretamente, ao investimento en investigación e desenvolvemento. A oficina estatística da Comisión Europea, Eurostat, publica os datos relativos a este asunto cunha periodicidade anual, polo que seleccionei os datos dos 28 membros da Unión en 3 anos diferentes: 2013, 2017 e 2021. O motivo: comparar o incremento do investimento á saída da crise do 2008, no posterior período de crecemento e logo da pandemia de COVID-19.


Non foi unha práctica de excesiva complexidade, aínda que si tiven algún problema que non fun capaz de resolver: nalgúns casos, os puntos descolócanse no eixo X, malia que seguen sendo funcionais.



Por outra banda, para a segunda parte da práctica, optei por empregar os mesmos datos, pero facendo o desglose por países e por sectores. Neste sentido, Eurostat recolle os datos relativos aos seguintes sectores de investimento: sector público, sector empresarial, educación superior e sector privado sen ánimo lucrativo.



1 comentario


angel.vizoso
15 ene 2024

O de dispersión está ben executado e ben traballado no terreo dos datos. Iso si, falta a autoría da peza.


En canto ao de xerarquía, hai un magnífico traballo no terreo dos datos e da súa presentación, pero faltou por facer un último axuste en termos de cores para outorgarlle unidade aos dous proxectos. Neste sentido era sinxelo, xa que tiñas unha moi boa xestión da cor no gráfico de dispersión e abondaba con tirar polo mesmo lado, algo que terías que ter feito tamén na presentación do título e o subtítulo con esa liña xusto despois, etc.

Me gusta
bottom of page