top of page

Os comezos da televisión en Galicia

En canto á chegada da televisión a Galicia esta non chega entendida como un sistema de emisión que se implanta aquí, senón que é unha continuación dun sistema de televisión centralizado que se explota coma un monopolio. En Galicia aínda non se pode falar dun centro territorial, senón dun sistema en cadea de emisión que parte dun centro emisor que se encontra en Madrid e que necesita a súa vez unha rede que permita unha subemisión. En Galicia esta difusión da rede lévase a cabo en setembro de 1961. A torre de repetición necesaria para o territorio galego instálase no monte Pedroso, en Santiago de Compostela, o que redifundía unha produción dunha programación xenérica para toda España.


Tamén na década dos 60, aínda en pleno franquismo, nacen os teleclubes, que foron, cómo explica o Ministerio “un medio de difusión da cultura, a través da televisión, das bibliotecas que proporciona e das actividades culturais que organiza”. Antía López, profesora de historia da comunicación audiovisual na USC, explica como nas orixes das emisións televisivas en Santiago e a continuación en Pontevedra e Vigo creáronse unha serie de teleclubes que respondían a iniciativas comerciais e cidadáns na medida na que os televisores non resultaban económicos para os cidadáns. Eduardo Cobián contaba como lle chamaba a atención o emprazamento destes teleclubes, que moitas veces estaban no medio da nada, probablemente polo feito de estar máis cerca de varias aldeas ou poboacións pero que remataban quedando un pouco illados.


Os teleclubes nacían cando unha sociedade recreativa ou comercial compraba un televisor e durante un tempo permitíanlles aos seus clientes acceder a él. Con isto permitían ás familias medias acceder a un receptor. Nas asociacións veciñais cooperaban para adquirir un destes electrodomésticos. Desta forma os teleclubes eran unha forma de financiación cooperativa algunhas veces e de reclamo comercial outras. Na casa do alcalde ou na casa consistorial tamén era moi común que se incluise un picado para o televisor.


Chegou a haber unha gran cantidade de teleclubes en Galicia, estes son algúns deles.



​​Ana Isabel Rodríguez, decana da facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, explica como este foi un primeiro consumo, colectivo, pero despois xa, pouco a pouco, cando a xente pode permitirse mercar un televisor ese consumo vai individualizándose. Para o Ministerio de Información e Turismo, os teleclubes tiñan unha importante misión dentro do Plan Xeral de Educación en Galicia, xa que “actuaban como aglutinantes”. Ademáis disto, chegáronse a facer catro premios anuais de 50.000 pesetas aos teleclubes máis distinguidos nos aspectos sociais, culturais, recreativos e de organización. O mellor teleclub de Galicia recibía 100.000 pesetas. 


Nesta época comezaron a facerse estudos sobre a televisión, no Estudo sobre os medios de comunicación de masas, realizado en 1964 polo Instituto da Opinión Pública a partir de 1.048 entrevistas realizadas en Madrid deixábase claro o atractivo social alcanzado polo medio televisivo, aínda que este aínda era concebido maioritariamente como un electrodoméstico de luxo, malia ser Madrid o lugar de España no que estaba máis estendido. Tan só un 36% dos entrevistados dicía poseer un televisor naquel momento, aínda que un 51% afirmaba velo normalmente en bares ou en casas de familiares e amigos. Aqueles que aínda non o tiñan xustificábanse dicindo que estaban esperando a que baixase o seu prezo (un 39%), ou porque non tiñan diñeiro (un 27%). Isto deixa entrever o feito de que a posesión dun televisor tiña un acusado contraste segundo o nivel de renda: só o 21% dos enquisados con baixos ingresos declaraban ter un receptor, mentres que a porcentaxe ascendía ata o 68% no caso dos que tiñan un maior poder adquisitivo.


Neste momento as televisións aínda eran escasas, un dos primeiros en vendelas en Santiago foi o pai de Yago Portela, de Electrodomésticos Portela Seijo, que explicaba para RTVE como eran moitos os que se arremuiñaban diante do escaparate da tenda do seu pai ao mediodía e a última hora da tarde, ás poucas horas nas que había emisión a comezos dos 60. Tamén conta coma o seu pai subía a persiana para que os fillos dos veciños puidesen ver dende en fronte a televisión, xa que os seus pais non lles permitían que a visen.


Xa entrando na década dos 70, que foron os últimos anos do franquismo, momento no que houbo crisis en casi todos os ámbitos sociais, así como innumerables protestas, movilizacións e actos contra o goberno a represión política do réxime seguiu afectando tamén aos medios de comunicación. Neste momento, Adolfo Suárez era o  director xeral de RTVE, e tratou de orientar a programación dunha forma distinta ca que evitar a censura.


No ano 1971 comeza a presenza de TVE en Galicia como Centro Territorial.

Ana Isabel Rodríguez: “​A primeira sede da TVE en Galicia estivo ao lado do casino aquí en Santiago, na rúa do Vilar, na última planta, e logo pasou un tempo ao Pazo de Raxoi e despois construise o centro territorial en San Marcos, ao lado de onde está agora a TVG. Houbo liortas estre Vigo e Coruña que querían ter tamén a sede da televisión española pero ao final quedouse aquí en Santiago”

Sede da CRTVG en San Marcos



O Centro Territorial tiña coma principal función enfiar á central de Televisión española en Prado del Rey (Madrid), noticias e acontecementos relacionados con Galicia que tivesen especial trascendencia. Dous anos despois, en 1973, comeza unha nova etapa no centro de TVE-Galicia coa posta en marcha de desconexións territoriais para a emisión de espazos informativos propios.


Antía López explica que “o Centro Territorial galego encárgabase desta desconexión que ocupaba apenas un laxo de tempo moi breve durante o informativo do mediodía, sempre de carácter informativo, nunca houbo ficción”. A súa capacidade de produción de contidos propios era máis reducida que noutros centros territoriais e polo tanto, podemos dicir que a televisión en Galicia data de 1971 se entendemos que a televisión non é só un sistema tecnolóxico en virtude do cal se produce e se distribúe sinal, senón que tamén se producen contidos.


Neste momento comézase a medir a tasa de penetración da televisión pola Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación. Porén, segundo van pasando os anos a tasa de penetración da televisión estase vendo disminuida facendo que este aparello teña unha menor capacidade de facer chegar as mensaxes a audiencia.



Houbo que agardar ata 1985 para a posta en marcha da CRTVG que xa é propiamente unha televisión autonómica avalada polo Estatuto de Autonomía de 1981 na que a lingua oficial de Galicia xa se moviliza como lingua de produción de contidos audiovisuais.


​O 24 e 25 de xullo de 1985, durante a festa do Santiago Apóstol e o Día de Galicia comenzaron as emisións no canle autonómico galego dende as súas instalacións en San Marcos en Santiago de Compostela. A primeira emisión consistiu nun acto inaugural na explanada lateral do centro de produción e de emisión de San Marcos, en Santiago de Compostela. A carta de axuste apareceu en pantalla ás 18.30 horas e logo puidose ver a primeira cabeceira da TVG.




Porén, a pesar de seguir sendo un aparello fundamental en todas as casas obsérvase unha tendencia decrecente no consumo deste aparello actualmente. Dende que os datos están ben recollidos e cuantificados polo Estudio General de Medios (EGM) podemos ver, nun abanico de dez anos, como hai unha baixada xeralizada no promedio de minutos que os españois ven a televisión segundo a súa comunidade autónoma. No seguinte gráfico amósanse os datos detallados para cada comunidade autónoma.




1 comentario


angel.vizoso
25 ene 2024

De forma xeral o relato xornalístico elaborado está moi ben abordado. Os gráficos seleccionados son pertinentes, aínda que faltarían uns mínimos axustes neles para que nos quedasen ao 100%. Un deses elementos de axuste sería a cor dos títulos dos gráficos, pois o do mapa vai por un camiño diferente ao do resto. Ademais, no gráfico de liñas sería pertinente eliminar a lenda de cor, xa que é a única liña que temos e, ademais, xa sabemos que son porcentaxes, ao figurar na propia etiqueta dos datos.

Me gusta
bottom of page