top of page

Os campos de fútbol activos da Comarca do Salnés

Para este traballo volvín a escoller o fútbol local e realizar un percorrido polos 35 campos de fútbol con actividade da Comarca do Salnés. Un dos primeiros problemas que me atopei foi decidir as categorías que os ían diferenciar pero rapidemente pensei en dividilos pola superficie, facendo outra pequena diferenciación nos campos de herba artificial, maioría na Comarca, segundo o tamaño do campo. Neste sentido atopeime outro problema á hora de escoller as iconas, pero penso que o solucionei de forma aceptable.


No apartado da programación non me xurdiu case ningunha dúbida xa que obtei por non complicar moito o traballo e contar o básico dentro do cadro adicional, replicando moito do proceso do exemplo.


Unha das cousas que máis me 'chirrían' é o pouco espazo entre campos que están nunha mesma parcela deportiva, que fan que desde unha posición alonxada non se poidan percibir ao 100%. Porén, penso que é un factor imposible de solucionar. En xeral, estou moi contento co traballo realizado.





1 comentario


angel.vizoso
03 ene 2024

En liñas xerais está todo ben abordado. Seguramente, dada a alta concentración en pouco espazo destes campos, quedaría máis claro prescindindo das etiquetas dos nomes. Fóra dese detalle, hai que dicir que está todo ben axustado a nivel da configuración do mapa e da programación da ventá emerxente. Habería que ver tamén se fose posible facer un pouco máis escura a icona do campo de herba natural, para lograr máis contraste co fondo (agora ten un pouco de efecto fluorescente). Bo traballo!

Me gusta
bottom of page