Os campos da Costa da Morte con equipo feminino
- laurarodriguezmart7
- 7 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Para esta práctica decidín representar os equipos femininos que hai na Costa da Morte. Con este propósito situei no mapa todos os campos de fútbol onde xogan os equipos sénior federados na zona, 17 terrenos de xogo para 18 equipos, xa que o Bergantiños FC, conta cos dous conxuntos, un na Primeira e outro na Terceira Galicia.
O máis complexo para min, foi que todas as fotos dos puntos quedaran do mesmo tamaño, recorteinas todas coas mesmas medidas e incluso xa coa forma de círculo pero rematando a práctica decateime quedaban igual descompensadas. Axusteinas unha por unha é penso que quedaron ben. Outra dificultade relacionada con isto foi poñer o tamaño no que ver os escudos xa que non todos medían o mesmo.
En canto as cores do mapa, decidín manter os estándar xa que creo que fan destacar os puntos. A hora de clasificar, a miña elección foi facelo polas comarcas onde está cada campo e así facilitar a vista dos puntos.
Neste caso igual che conviña facer ao revés, poñendo o escudo sobre o mapa e a imaxe do estadio na ventá emerxente. Así o escudo apreciaríase igualmente e, ademais, gañaría en forza a fotografía do campo (protagonista deste mapa). Ademais, iso facilitaríache prescindir das etiquetas dos nomes, que poderían tomar máis presenza dentro da ventá emerxente.
Fóra dese detalle de construción, a programación é correcta e a nivel de contido está moi ben resolto. Iso si, hai algunhas das imaxes dos escudos que perderon un chisco a proporción. Hai que fixarse nesa circunstancia cando traballamos con fotografías para que, por exemplo, non se nos enfade a xente do Paiosaco por poñerlles o escudo un chisco esmagado. A polo seguinte!