Onde tomar algo en Noia?
- Lara González
- 26 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Esta é unha guía para tomar uns refrescos en Noia, diferenciando entre bares, pubs e discotecas. A nivel de levar a cabo o traballo, supuxo un reto facer que as localizacións se viran todos, por iso optei a non poñer os nomes dos locais e so as iconas (en diferentes cores). Non foi complexo, pero si que era fácil equivocarse, xa que ten ferramentas que non son tan intuitivas como outras. Á hora de facer a tarefa, víase ben, mais ao pegala na web comprimíuseme bastante.
Dentro do mapa case todo funciona á perfección, pois o único que habería que mudar é ese "Source". Neste caso, como ti actúas como fonte e como autora, abondaría con poñer o teu nome, pero mellor sen ese "Source".
Despois, tocaría revisar o espazo no que incrustamos este material na web. Se te fixas, seleccionaches un espazo bastante pequeno, o cal lle afecta especialmente á visualización inicial do mapa, que se presenta bastante "apelotonado". Esta parte, a da publicación, tamén é vital no noso traballo. E é que se nos falla algo aquí corremos o risco de que saia danado todo o anterior. Moi ben traballado!