Onde se situaron as carreiras de Fórmula 1 nesta tempada?
- luciacamposgonzale
- 8 dic 2023
- 2 Min. de lectura
Lucía Campos González
O calendario do Mundial de Fórmula 1 2023 está composto por 23 Grandes Premios. A tempada deu comezo o 5 de marzo, en Bahréin, e finalizou o 26 de novembro en Abu Dhabi.
Aquí atoparás información sobre cada un deles: todos os circuítos do Mundial, a súa localización, cando se disputaron, os mellores momentos e, por suposto, os resultados de cada cita. Todo isto organizado segundo a tipoloxía de cada cada pista!
Pero, ¿como se diferencian?
En primeiro lugar, os circuítos permanentes ou autódromos. Estes son aquelas pistas construídas especificamente para que se disputen carreiras.
En segundo lugar, os semipermanentes ou híbridos, que empregan unha zona urbana e outra deseñada para funcionar como pista de carreira.
E por último, os circuítos temporais ou urbanos. Son aqueles nos que se adaptan as rúas dunha cidade unicamente para que se poida disputar a carreira durante un tempo determinado.
En canto a realización da práctica, a primeira dificultade coa que me atopei foi a organización e escolla dos datos. Aínda que o número de localizacións estaba predeterminado pola temática elixida (23 circuítos), o tipo de información a ofrecer e como organizala podía variar segundo o que se quixera mostrar. Finalmente decidín ofrecer un resumo sinxelo para que calquera, aficionado ou non, tivese un acceso rápido a cada circuíto.
A segunda complicación que se me presentou foi a realización das imaxes que aparecen en cada xanela emerxente. Decidín que algo representativo era o trazado do circuíto, polo que empreguei a aplicación Canva para darlles a todos eles o mesmo deseño, xa que na web cada un tiña o seu propio estilo e quería que mantivesen unha mesma liña para darlle coherencia ao resultado final.
Por outra banda, sinalar a elección das cores. Aínda que, a prioiri, un mapa vermello pode resultar diferente ao habitual, creo que se adapta á temática e que consegue chamar a atención de quen estea facendo scroll nun artigo ou páxina web. Intentei que todas as cores empregadas (vermello, negro e branco) complementaran o imaxinario que todos temos ao pensar na Fórmula 1. Para que a cor do trofeo dos circuítos temporais destacara busquei a cor complementaria do tono exacto da cor vermella (#e1350b).
A pesar de que se trata dun traballo tedioso, gustoume moito facer esta práctica e aprender a manexar Flourish para vindeiros traballos xornalísticos.
Pois realmente está todo ben abordado. Ben a programación da ventá emerxente e ben a creación da liña visual. O único que sinalaría como punto no que fixarse é o tamaño das iconas dos puntos. Seguramente funcionase un chisco mellor cun pouco menos de tamaño, especialmente na zona de Europa. Xusto aí xúntase que están preto uns dos outros con que son permanentes. Reducir un pouco o tamaño axudaría a apreciar a existencia de cada un deses espazos. Pero, fóra dese detalliño, moi ben traballado!