O salario promedio en distintos países de Europa e das persoas con discapacidade en España
- Angel Martinez Bermudez
- 22 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Para esta cuarta práctica decidín buscar datos sobre salarios, xa que a busca internacional non foi doada e pareceume un dos datos que máis sentido tiñan á hora da comparación cun dato do INE. No caso europeo, despois de consultar a base de datos de Eurostat, decidín quedar co dato de ingreso neto anual dun traballador sen fillos a tempo completo cun salario promedio en 2021. Á hora de elixir os países da mosta, optei por quedar con algúns dos máis altos e outros dos máis baixos, que completaron o dato nacional e os dos países colindantes, ademais do da media da Unión Europea.
A verdade é que o resultado do gráfico pareceume simple pero eficaz. É certo que non posúe unha dificultade moi alta pero creo que pode cumprir o seu papel dunha maneira correcta. Neste sentido, teño que decir que probei outro tipo de gráficos, añadindo datos de anos pasados, pero non me convencían tanto coma este. As cores elixidas para cada barra representan algún color representativo do país.
No outro gráfico acabei cunha sensación parecida aínda que máis contento. O dato elixido para o traballo foi a ganancia bruta por ano, idade e sexo das persoas con discapacidade en España nos anos 2021,2020 e 2019. Penso que o resultado volveu ser simple pero, de novo, moi eficaz, xa que baixo o meu punto de vista creo que se mostran os datos dun xeito moi visual e cómodo. Decidín optar por unhas cores máis oscuras, en consonacia co fondo da anterior gráfica.
No de dispersión hai un bo traballo cos datos e tamén unha boa programación. Iso si, faltounos algo tan sinxelo como acabar de adecuar as unidades ao sistema empregado no español. Se te fixas as cifras do salario aparecen cunha coma, polo que parece que o que temos diante son decimais. Tocaría facer ese axuste para que conectase ao 100% co que coñece a audiencia.
No de xerarquía hai un bo traballo. Apostas pola sinxeleza pero, neste caso, está moi ben executado e funciona á perfección. Ademais, o filtro axuda a explorar o contido. Bo traballo!