top of page

O risco de pobreza no ano 2022

Nesta última práctica decidín investigar sobre a situación económica da xente en España, xa que moitas persoas chegan a final de mes con moitas dificultades.


O primeiro conxunto de datos que atopei foi de información continental a través do Eurostat e elixín, ademáis de España, coller os datos de Italia, Alemaña e Portugal pola súa proximidade co noso país.


Para representar esta realidade, o risco de pobreza e exclusión social, empreguei un gráfico de xerarquía:


Nel pódense ver as cifras dos catro países divididos por sexo e idade no ano 2022. O primeiro que fixen foi extraer os datos do Eurostat e facer unha limpeza de datos en Excel.



O meu obxetivo era poñer en valor o xénero das persoas, como se ve no primeiro nivel, tamén fixen unha distinción por grupos de idade xa que amosa cales son os grupos son os máis afectados.


A hora de adaptalo a Flourish o que me pareciu máis complicado foi elixir a orde da xerarquía porque non daba atopado a maneira que me gustase, finalmente, como xa comentei, decidín facer a división por xéneros. Seleccionei a cor vermella porque é a socialmente coñecida para representar cousas negativas ou perigos, neste caso ao estar representando o risco de pobreza ou exclusión pensei que sería axeitado.


Para o segundo gráfico busquei datos do territorio español, o máis complicado foi atopar algo axeitado é que de verdade me chamase atención, finalmente atopei unha táboa no informe sobre o estado da pobreza deste ano, realizado pola EAPN (European Anti-poverty Network) de España. Recollín eses datos, que falaban sobre a dificultade dos españois para chegar a fin de mes.


Ao principio pensei en representar no gráfico de dispersión os anos 2021 e 2022 pero non quedaba demasiado ben, polo que me decantei polas cifras máis recentes e as outras aparecerían nos pop ups.

O máis complicado nesta segunda parte era que non se me vían todos os nomes das Comunidades Autónomas e non sabía moi ben como facer para que se viran todos, ao final conseguino investigando un pouco . Por outra parte nos pop ups tamén me aparecían os números con decimais polo que tiven que facer outra táboa cos datos pero colocándoos como texto para que me aparecesen como eu quería.

En canto as cores, empreguei as mesmas que no anterior gráfico seguindo coa mesma idea que xa dixera antes, canto maior dificultade para chegar ao final de mes máis escura é a cor.



1 comentario


angel.vizoso
15 ene 2024

En canto ao de xerarquía, sinalar en primeiro lugar que falta por axustar ese "Source" do pé, para que coincida co idioma empregado. Tamén hai que facer algúns axustes de idioma dentro da ventá emerxente. A nivel de traballo cos datos está ben e tamén e na xestión da cor con respecto ao outro proxecto, tamén.


No relativo ao de dispersión, habería que facer algún axuste no tamaño de letra do subtítulo (algo que tamén nos acontece no de xerarquía) para acrecentar esa xerarquía entre elementos. Fóra dese detalle, dicir que está moi ben traballado e programado. Noraboa!

Me gusta
bottom of page