O legado indiano no Baixo Miño
- Xulia Oliveira Misa
- 21 ene 2024
- 5 Min. de lectura
Actualizado: 22 ene 2024

Belagua Ediciones
“Facer as Américas” é unha expresión que nos transporta dous séculos atrás, cando a poboación europea cruzaba masivamente ao continente americano en busca dunha vida mellor. A comunidade galega sabe moito diso pois, segundo Raúl Soutelo Vázquez historiador e profesor galego, “nos séculos XIX e XX, Galicia rexistrou unhas cifras totais de 2.041.603 emigrantes cara o Novo Mundo”. Brasil, Arxentina, Porto Rico ou Cuba instauráronse como as principais sedes de destino.
Denantes emigrados que oprimidos
Como dixo Castelao, “o galego antes de pedir, emigra”. Istro tradúcese no desexo dos galegos de atopar unha vida mellor ao otro lado do océano.
América converteuse nun fío de esperanza para todos aqueles galegos que deixaban o seu fogar. Alén da supervivencia económica, os galegos comprenderon que “Galicia non se comprende sen América”, como predicaba Ramón María de Labra, gran propagandista da emigración. Alí coñeceron a dimensión cultural e política da súa terra natal, materializándose na construción dos primeiros centros galegos nas capitais de Arxentina, Cuba e Uruguai.
No caso concreto do Baixo Miño, existía unha longa tradición migratoria que, segundo Miguel Villa, profesor de Historia e historiador, “remóntase á Idade Media; tanto por terra (traballadores relacionados coa construción), como por mar (comerciantes comunicados polo río Miño). E séculos máis tarde, pola proximidade do gran porto de Vigo, que ofreceu a oportunidade de emigrar a xente do rural”.
No libro Casas de Indianos (2000) de Bores Gamundi e editado pola Xunta de Galicia, descríbese que “o éxodo cara América iniciouse primeiro nas provincias atlánticas (Coruña e Pontevedra) e pouco a pouco en Ourense e Lugo”.
Aínda que Miguel Villa non avoga por determinar un perfil único de emigrante galego, si que recoñece que existe un rasgo común que os define:
“Todos ían na procura de mellorar a súa condición de vida”.
Neste sentido, correspondíanse, en maior medida, con homes novos e solteiros que tal e como se presenta no estudo Arquitectura indiana do Concello de Tomiño (2018-2019), “propiciou unha alta taxa de retorno”.
No caso das mulleres, partir cara o Novo continente non era unha tarefa fácil, xa que “necesitaban da autorización ou compañía dun familiar ou marido para facer ese cambio de vida”. Non obstante, durante o primeiro terzo do século XX tiveron lugar os primeiros movementos migratorios femininos.
Sara Quintana Vila, historiadora de arte e coautora do proxecto, Arquitectura indiana do Concello de Tomiño (2018-2019), apunta que outras características a destacar dos emigrantes galegos é que tiñan unha mínima formación escolar, xa que moitos sabían ler e escribir. É dicir, partían cara América cuns coñecementos básicos”. Así tamén opina Ramón Villares, historiador e antigo reitor da Universidade de Santiago de Compostela, que comenta que "non eran necesariamente os máis pobres, nin tampouco estaban menos instruídos que os que quedaban”.
Paralelamente, a comunidade galega que marchaba tiña presente “a idea de volver ao seu lugar de orixe. A súa decisión de emigrar tomábase como algo temporal para reunir aforros que lles permitiran ao regresar levar unha vida cómoda nas aldeas, vilas ou cidades”, conclúe Sara Quintana.
“Soño americano”
Neste senso, xorde un novo concepto que definirá o paradigma emigrado-retornado: indiano. Segundo a RAE (Real Academia Española), “indiano” é un adxectivo “dito dun español: que emigrou a América en busca de fortuna e volveu rico”.
Porén, desgraciadamente, a gran maioría regresaba pobre. Tanto é así, que durante a estancia en América, “os que non podían mandar cartos aos seus fogares deixaban de escribir”, achega Emilio Xosé Ínsua, profesor de Lingua Galega, investigador e escritor.
Os principais postos de traballo aos que se incorporaban os emigrados tiñan moito que ver coas ocupacións que tiñan na súa terra natal. A maioría eran xornaleiros, mais tamén predominaba a agricultura e os traballos no campo. En menor medida adicábanse ao comercio, pesca e artesanía. Tal e como mencionamos con anterioridade, as mulleres tamén emigraban e desempeñaban as tarefas no fogar propio e incluso alleo. Nas seguintes gráficas analizamos este aspecto laboral en Arxentina e Cuba.
Din que a vergoña do galego reside en non rematar toda a comida que hai no prato, pois naqueles tempos tamén o era se non cumprías co mito do indiano acaudalado. Baixo estas circunstancias, os emigrados afectados preferían non defraudar aos seus seres queridos e ocultar que o “soño americano”, tal e como suxería Calderón de la Barca, “soños son”.
De escravos a amos
Todos aqueles que retornaban con ouro baixo o brazo, eran vistos como heroes ante os ollos dos demais. En certa medida, moitas persoas dependían desa fortuna para sobrevivir, incluso os concellos.
Unha das demostracións por excelencia que achegaron os indianos foi a arquitectura indiana:
“Os expertos coinciden en sinalar que é complicada identificar tipoloxías específicas dentro da arquitectura indiana, pero si están de acordo, que a característica común que teñen estas construcións é a procedencia do financiamento”.
Dende a iniciativa “Casas Indianas” -formada por un grupo de diferentes persoas de Europa que estudan o desenvolvemento do impacto tecnolóxico na zona rural de Galicia-, contemplan “as fachadas coloridas” como un dos rasgos máis definitorios destes edificios. O concepto da “simetría e da proporcionalidade” tamén entra en xogo, sobre todo, divísase nas casas con “tellado dobre” ou con “catro tellados de arcilla”. Contan, ao mesmo tempo, con “elementos decorativos”, como poden darse nas fiestras ou nas portas con motivos de carácter vexetal”. No interior, as casas son “de pranta regular ou cadrada”.
O Baixo Miño indiano
Con respecto á zona do Baixo Miño, a arquitectura doméstica indiana diferénciase do resto de exemplos de Galicia, nos materiais empregados. Sara Quintana recalca “o uso maioritario do granito”. Esta elección explícase pola súa “proximidade das canteiras e pola tradición construtiva da zona”. Miguel Villa engade que outro criterio definitorio é “a enorme presenza de casas urbanas no Baixo Miño”.
Asímesmo, cómpre aclarar que nesta comarca, ao situarse moi próximo a Portugal, o destino máis habitual era Brasil, polo que beben directamente das correntes influíntes brasileiras. En contraposición aos coruñeses ou lucenses que se dirixían máis a Cuba.
En definitiva, por razóns históricas, as casas indianas son unha mostra física e palpable dunha época da historia de Galicia, a da emigración galega a América, que afectou a practicamente todosos galegos do último terzo do século XIX e primeiro do XX. E por razóns arquitectónicas, xa que o conxunto de casas indianas que salpican de cores e formas orixinais a paisaxe tanto urbana como rural de Galicia son un elemento patrimonial diferente con relación á tradicional arquitectura do país. E en moitos casos é o único elemento arquitectónico destacable, de natureza civil, máis aló das igrexas e mosteiros que abundan na paisaxe galega. O Baixo Miño é un dos berces que conforman o legado indiano e que lle dá nome aos nosos antepasados.
O relato creado é pertinente e está ben elaborado. Onde nos faltarían algúns axustes por facer é no relativo ás formas gráficas. En primeiro lugar, toca sinalar que cada un dos materiais vai un pouco pola súa conta en termos de estilo. Tocaría facer un esforzo por outorgarlles cohesión da man da cor, por exemplo. Outro elemento a vixiar sería a tipografía empregada no mapa, pois tamén vai por outro camiño diferente ao do resto de materiais, ao optar por unha fonte tipográfica con remate. Ademais, na infografía faltou por axustar a relación entre os bloques de texto e o elemento que lles dá título. Se te fixas, non hai unha norma de aliñamento que se manteña ao longo de…