top of page

O custo de alugar un piso nas capitais de Europa: dos 400 euros de Sofía aos 2200 de Estocolmo

O crecente custo da vivenda é un tema que sempre está de actualidade e por iso decidín escollelo como tema para esta cuarta práctica. Para facela, decidín buscar datos sobre o custo medio do aluguer nas cidades europeas e atopei un informe, que se publica anualmente, onde se mostran os datos das capitais e principais cidades do continente para pisos de unha, dúas e tres habitacións.


En primeiro lugar, realicei un gráfico de dispersión onde se mostra a evolución do prezo medio do aluguer nas cidades. Para iso, escollín os datos do 2011, do 2016 e do 2021, observando así a evolución en períodos de cinco anos ata a actualidade. Nun primeiro momento, escollera os datos do "House Price Index" de Eurostat, pero considerei que non serían demasiado comprensibles para a audiencia (nin para min) e acabei optando por traballar con números absolutos.


Por outra banda, pensando en realizar unha reportaxe sobre tema (falando tamén do caso galego) optei por realizar un gráfico de xerarquía mostrando os datos de vivendas en Galicia segundo o réxime de tenencia (isto é, segundo estean en aluguer ou en propiedade). Elixín a forma "circles" porque considerei que era a que mellor mostraba os datos e daba unha imaxe máis fiel dos mesmos.


Deixo aquí os datos:




E así quedaron as infografías:



No caso da primeira gráfica, a maior complicación foi, como xa comentei, a escolla de datos: tiña elixidos uns índices que non me parecían moi comprensibles e acabei optando por empregar números absolutos. Outra complicación foi a distribuir o espazo na gráfica, tratando de entender que escala era mellor e facendo axustes para garantir a correcta visualización da información (de feito, Roma e Bruxelas teñen case o mesmo dato en dous anos e non se pode ver ese desglose, só dá para ver un único ano).


Para enriquecer a información, engadín no popup unha gráfica na que se observa a evolución do prezo medio no conxunto desas cidades tras calcular o dato manualmente (non viña no informe).


No caso da segunda infografía, a maior dificultade foi entender o funcionamento da propia visualización para poder escoller datos que funcionasen ben e que fosen comprensibles unha vez inseridos no gráfico. Finalmente, optei por escoller esa distribución alternativa á do sunburst e creo que funciona ben. Ademais, nos popups calculei o dato porcentual e engadino na información, xa que me pareceu útil para entender ben os datos.

1 comentario


angel.vizoso
12 ene 2024

Está todo excelente, tanto en termos de traballo cos datos como no relativo á programación. O único elemento ao que lle faltaría un último axuste para que quedase ao 100% é un pequeno axuste na cor. De cara a outorgarlle unidade a ambos proxectos e a crear unha paleta de estilo propia, sería aconsellable optar polas cores do primeiro gráfico no segundo (engadindo unha, iso si). Lembra que para iso dispoñemos de ferramentas para cazar a cor e dos códigos alfanuméricos. Fóra dese pequeniño detalle, moi ben traballado! Noraboa!

Me gusta
bottom of page