O corazón de Galicia está a desaparecer
- mariaalejandra.barco
- 12 ene 2024
- 3 Min. de lectura
Alejandra B. Tojo | 12.01.2024
Disque o latexar de Galicia está formado polas vagas verdes e marróns dos montes, amais polo azul das súas augas. Mais o certo é que o corazón de Galicia está composto polas súas xentes, aqueles que fixeron país grazas a un sentimento de pertenza; grazas a eses habitantes que, por desgraza, minguan en número co pasar do tempo.
A meirande parte dela está formada por municipios rurais ou pequenos concellos que non chegan aos 5.000 habitantes, esta é a situación do 64% das vilas que conforman a comunidade galega.
Aínda máis preocupante é a cantidade de municipios que non superan os mil veciños, na actualidade son 37 os concellos afectados, a maioría situados en Ourense como se pode apreciar no mapa.
O POR QUE DA AUSENCIA
Segundo a proxección de poboación para España no período 2022-2037, do Instituto Nacional de Estatística (INE), Galicia perderá habitantes. Pois o número de nacementos non supera o de falecementos nesta comunidade demográficamente envellecida.
No pasado ano 2022 o Instituto Galego de Estatística (IGE) informaba de 14.475 nacementos, por outra banda, os falecementos dese mesmo ano serían de 34.964, unha elevada diferencia que amosa a realidade dunha nación. Esta taxa de natalidade está estreitamente relacionada coa estrutura demográfica galega, onde existe un aumento da poboación que supera os 65 anos e unha diminución da poboación moza.
Esta é, posiblemente, unha das razóns polas que a comunidade galega conta cunha gran cantidade de núcleos con risco de despoboación. Mais María Xosé Rodríguez Galdo, directora do Centro de Estudos de Poboación e Análise das Migracións (CEPAM), apunta tamén a outras razóns.
“Estamos asistindo agora aos extractores dun problema que ven moi de lonxe. Centrándonos en Galicia, ata os anos sesenta o que dominaba era o modelo de agricultura tradicional que requiría de moita xente. A partir deste momento hai unha aceleración da urbanización. Logo, que significa que se vaia a xente do campo? Pois un cambio de modelo na agricultura na cal se vai precisar menos xente. E por outra banda, nas cidades había demanda de persoas. Vanse os máis novos, os que están na idade de traballar e de ter fillos e fillas” dicía a directora do CEPAM.
Relata ademais que “toda esta migración provocou un cambio na estrutura de idades da poboación. Hai logo un problema grande de envellecemento. O cal significa que a falta de xente nos lugares pois evidentemente é unha perda a nivel económico, patrimonial e de calidade de vida”
Logo pois, a directora do CEPAM e profesora da USC tamén apunta ao factor económico como causa da despoboación na comunidade galega, fala do éxodo rural. A mocidade galega procura oportunidades laborais fóra das zonas rurais debido á falta de emprego nestes lugares ou á ausencia de desenvolvemento económico, o que é un indicador da existencia dunha brecha urbana-rural.
Se reparamos nos datos da poboación do municipio con menos habitantes de Galicia, Negueira de Muñiz, podemos apreciar como os veciños e veciñas de idade avanzada superan aos máis mozos. Este concello é un claro exemplo do que apuntaba a profesora da USC, pois hai un gran problema de envellecemento neste lugar que conta con 228 veciños.
A ESPERANZA NO FUTURO
Red Localis advirte no seu último informe que o despoboamento nesta comunidade é unha evidencia e que hai que atender con servizos públicos e tratar de frealo para non xerar cidadáns "de primeira” e "de segunda”.
Dende as entidades institucionais procuran levar a cabo diferentes medidas para evitar este suceso, ou alomenos co obxectivo de mellorar as condicións nos lugares afectados. Pola súa banda, Rodríguez Galdo responde o seguinte ao preguntárselle pola solución de dita situación: “O importante é que todo ese patrimonio se empregue, non só como recurso turístico, senón como unha forma de atraer poboación”.

Dende o Ministerio da Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico presentaron 130 Medidas ante o Reto Demográfico. Unha iniciativa para garantir a incorporación dos pequenos municipios a unha recuperación verde, dixital, con perspectiva de xénero e inclusiva.
Como se especifica no propio programa, “a través das medidas preténdese transformar os territorios en espazos de oportunidades de desenvolvemento social e económico, que aproveiten os recursos locais a través da xeración de actividade económica, o fomento do emprendemento e o aproveitamento do talento asociado ao entorno”.
A iniciativa conta con 130 actuacións, como o seu propio nome indica, ordenadas en 10 eixes de acción e orientadas a uns obxectivos concretos.
Resulta imposíbel saber se estas medidas resultarán efectivas, resulta imposíbel saber se o corazón de Galicia vai desaparecer. Só queda agardar que o latexar galego continúe grazas á súa xente.
Hai que revisar algunhas cousiñas de redacción, como esas oracións que comezan por "Pois", xa que dificultan a lectura e a comprensión do texto. Tamén é pouco recomendable abusar dos parágrafos de dúas liñas, xa que trasladan a idea de "telegrama" e tamén dificultan levar o fío da información.
En canto aos gráficos, o mapa está ben executado, igual que o gráfico automático de Flourish. Onde temos algo máis de traballo por diante é na infografía, xa que temos moitos elementos e, ademais, hai algúns que se tapan entre si. Todo ese detalle decorativo que vai nas marxes está tapando a fonte, a icona que acompaña o eixe 7 e tamén a que acompaña a idea de "Eliminar a brecha…