NÚMERO DE TAXIS EN ESPAÑA
- Silvia Casal
- 7 nov 2023
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 6 dic 2023
Ligazón ós datos do INE: https://www.ine.es/jaxi/Tabla.htm?tpx=32954&L=0
A maior dificuldade foi organizar os datos e pegalos de forma que ó ver as gráficas non quedasen desorganizadas. De feito, para a táboa tiven que probar varias veces, xa que ó pegar as datas de 2018 e 2019 descadrábanse todos os datos. Tamén o feito das comas e puntos que cambian o valor dos números, polo que hai que revisar as cifras unha a unha.
En primeiro lugar, sinalar que falta por axustar o idioma do espazo de presentación dos tres materiais, que agora está en inglés. Se te fixas, aparece "Source", "Map", etc. Tamén no nivel xeral, faltaría presentar as unidades de xeito semellante, para que non haxa variación entre os tres materiais.
Con respecto ao gráfico, este veríase beneficiado de presentar os datos por orde, de xeito que resultaría máis sinxelo entender onde é máis alto e máis baixo.
No mapa, dicir que a escala de cor está ben executada, aínda que faltaría por reformular un chisco o texto da ventá emerxente para que non sexa tan repetitivo coa aparición da palabra "taxis". Tamén nestes espazos é importante ofrecer riqueza na linguaxe.