Número de bibliotecas por comunidade autónoma
- Elena M.G.
- 8 nov 2023
- 1 Min. de lectura
A maior dificultade deste traballo residiu na súa primeira parte, ao ter que organizar todos os datos e ter que "limpar" a táboa cos datos en crú. A partir disto a máxima complicación diría que foi deseñar a cor do mapa e decidir que tipo de gráfica ía empregar para mostrar os datos.
A nivel de selección e de programación das formas gráficas, dicir que todo funciona correctamente. Os únicos puntos a sinalar serían dous. En primeiro lugar, no gráfico, como só temos unha variable (as bibliotecas), case aforramos poñer a lenda de cor, xa que todo é o mesmo. Seguidamente, tocaría revisar en todos os traballos o idioma do espazo de traballo. Xa que Datawrapper permite poñelo en galego (e que nos apareza "fonte", "táboa", etc.), mellor aproveitalo e facer uso desa funcionalidade. Fóra deses dous pequenos detalles, nada máis que dicir. Moi ben traballado!