top of page

Navegando pola era dixital

Estamos inmersos nunha era dixital na que abundan as conexións en rede por medio de múltiples dispositivos. Por iso, decidín abordar esta práctica dende esa temática.


En primeiro lugar, busquei datos en Eurostat para poder recompilar información a nivel europeo. Deste xeito, puiden atopar uns datos que amosaban a porcentaxe de particulares que navegaban por Internet en diferentes países europeos. Decidín escoller unha serie de países e descartar outros, para poder ter unha mostra representativa das tendencias do continente europeo.


Por outro lado, funme ao territorio nacional para poder falar sobre a lingua e a cantidade de persoas que navegan en Galicia. Os datos non están moi actualizados posto que son do ano 2018, pero poden seguir tendo vixencia na actualidade. Con estes datos faise fincapé en que hai unha necesidade de integrar o galego nas redes sociais e Internet porque a comunidade galega vése na obriga de navegar en castelán para ter maior alcance.


A continuación, os datos:







Os gráficos quedaron deste xeito:








Abordei esta práctica con medo e urxencia por mor da falta de tempo. Porén, foi satisfactorio ver como ían saíndo as gráficas. Nunca pensei en que puidese desfrutar ao tratar con números. Eu sempre fun máis de latín e a cultura clásica.


As principais dificultades foi definir a temática e, posteriormente, procurar os datos. Buscar algo en Eurostat é misión imposible, pero parece ser que algo ben saíu.


Á hora de tratar os datos en Flourish foi sinxelo, moi intuitivo. É cuestión de andar pola plataforma e procurar o mellor resultado posible. Ao final, penso que non quedou tan mal. Creo que me reconciliei cos números.


Bo nadal!



1 comentario


angel.vizoso
13 ene 2024

Hai un moi bo traballo en ambos gráficos. Están ben executados no terreo do traballo cos datos e tamén no relativo á programación dos diferentes elementos. O único punto que sinalaría como necesario para a súa revisión sería o tema da cor. Se te fixas, cada un dos gráficos vai un pouco polo seu lado. A recomendación aquí sería a de tentar xirar as cores do gráfico de xerarquía cara a escala que introduces no de dispersión, ben sexa a catro cores distintas ou a unha soa. Facendo iso conseguirías unha liña de estilo común para ambos materiais. Bo traballo!

Me gusta
bottom of page