top of page

Lugove: buses circulares do Val Miñor




Esta infografía trata de ilustrar, de xeito esquemático e simplificado, unha sorte de tres liñas circulares de transporte urbano que corresponden aos tres concellos que conforman a comarca do Val Miñor: Nigrán Gondomar e Baiona. A proposta consiste no desglose da ruta das citadas liñas, onde se sinala cada parroquia onde o suposto autobús ficticio fai parada e o tempo aproximado que tarda en chegar a cada unha.


Dado que son liñas circulares, é dicir, que fai dúas veces o percorrido en cada viaxe, o deseño polo que optei foi polo formato vertical (a modo de mapa de metro) para poder optimizar o espazo e usar unha mesma liña para a ida que para a volta, pero indicando os sentidos con frechas. Nun principio ía usar unha orientación apaisada para a infografía pero, despois de darlle un par de voltas, elixín o formato vertical polo dinamismo do que dotaba á peza.


En canto ao eido máis visual, as cores elixidas son as corporativas da UTE Lugove, que é a empresa (real) que leva o tema dos buses no Val Miñor e Baixo Miño. Intentei que fose o máis minimalista posible neste aspecto para que todo se amosase de xeito eficaz.

1 comentario


angel.vizoso
26 nov 2023

En liñas xerais hai un moi bo traballo de xestión da cor. Ademais, tamén hai un bo traballo de presentación de todos os elementos que constitúen estas liñas de buses. Faltaría a sinatura da peza, iso si, que non se aprecia por ningún lado. Polo demais, hai un bo esforzo de síntese e está moi ben executada. Noraboa!

Me gusta
bottom of page