Lugares para visitar na comarca de Compostela
- iriagosende
- 28 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Neste primeiro traballo pensei en dar visibilidade ao resto de lugares da comarca de Santiago xa que habitualmente, todo o foco do turismo está acaparado pola capital galega. Escoller os sitios que quería poñer non me foi moi complicado, xa que son os sitios máis coñecidos da contorna polo que non tiven que investigar moito. Diría que a parte máis complicada do traballo foi non cargar moito o texto e colocar todos os elementos sen saturar a infografía. Houbo nalgún momento que se me complicou un pouco intentar que me colleran todos os elementos que quería incluír mais, finalmente, creo que conseguín poñer todo sen que quedara unha sensación de 'exceso'.
Por último, mencionar que a escolla das cores é simple, considerei que para o tema da infografía era o mellor. O fondo verde, considero, que quedaba ben e tendo en conta que todos os lugares dos que falo son grandes paisaxes naturais, concorda bastante. En liñas xerais non atopei grandes problemas á hora de realizar este traballo. Posiblemente o máis "difícil" para min foron factores externos á propia práctica, é dicir, a miña nula imaxinación para este tipo de traballos e o moito que me custa intentar facer algo minimamente decente.

Hai un bo traballo coa cor, que funciona ben ao longo de todo o proxecto. Iso si, onde máis habería que reforzar é no que respecta á posición dos elementos e ao formato das imaxes. O traballo sería máis eficiente a través da construción de bloques nos que as imaxes tiveran sempre a mesma forma de presentación, pois algunhas como a última deixan moita marxe pola parte dereita. Para solucionar iso ás veces funciona ben esa idea de encadrar ou mesmo meter nun círculo, de xeito que todas serían similares. Polo demais, hai unha boa selección e presentación do contido. Ben traballado!