Localizaciones de los distintos escenarios de Juego de Tronos en la realidad
- Laura Grela
- 26 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Para realizar esta práctica decidín coller a famosa serie de HBO “Juego de Tronos” e plasmar nun mapa todas as localizacións do territorio español que formaron parte dela.
Na súa elaboración tiven varios problemas. O primeiro foi que non fun capaz de realizar unha lenda, nela o que quería é que se viran as distintas comunidades autónomas dos lugares xa que era a categoría que escollín para agrupalas. Por outro lado, as imaxes vense distorsionadas. Redimensioneinas pensando que ese era o problema mais non foi iso, non lle atopei solución.
A xestión da cor e do mapa de base é boa, aínda que faltan por revisar algúns aspectos que son relevantes para o resultado final. En primeiro lugar, sinalar que falta a autoría, igual que o uso de categorías co seu correspondente menú. A maiores diso, toca sinalar un pequeno erro na programación das imaxes que van na ventá emerxente. Lembra que no código das imaxes, se en orixe son diferentes, só debemos dar un atributo (alto ou ancho) de cara a que non perdan a proporción. Algunhas como, por exemplo, a de Peñíscola, aparece esmagada polos laterais e iso traslada a sensación de erro, algo que non debe chegarlle á audiencia. A polo seguinte proxecto!