top of page

Intolerancia á lactosa

LUCÍA CAMPOS GONZÁLEZ / PRÁCTICA 1


Nesta primeira achega á infografía as posibilidades de creación eran múltiples, polo que considerei que se trataba da ocasión perfecta para incluir ilustracións propias que complementaran a información e que axudaran a entender a intolerancia á lactosa. Ademais, a temática é algo que me afecta persoalmente e que nin eu mesma coñecía todos os condicionantes e pensei que podería ser interesante achegar estes datos dunha condición cada vez máis común dun xeito claro e visual.


O maior reto ao que me enfrontei foi a selección da información, xa que esta era complexa e extensa. Explicar unha condición médica non é unha tarefa sinxela e antes de poder resumir eses datos débese comprender. Decidín empregar cores que se asemellaran aos produtos "sen lactosa", xa que a maioría destes son brancos, morados e azuis.







1 comentario


angel.vizoso
26 nov 2023

Pois pouco ou nada que dicir. Hai unha selección e xestión da cor que é perfecta, aportando contraste cando toca e sendo perfectamente lexibles e visibles todos os elementos nos que intervén. Ademais a xestión da posición dos elementos tamén é moi boa. A maiores, hai unha liña de estilo que se conserva ao longo de todo o proxecto, o cal serve para aportar unidade. Noraboa!

Me gusta
bottom of page