top of page

Galicia, país de faros

Para esta práctica as miñas primeiras dificultades tiveron que ver coa imposibilidade de vir na primeira clase explicativa, polo que reenganchar cos meus compañeiros na seguinte foi complexo. Unha vez entendido o funcionamento da táboa e como estaba todo conectado, o proceso foi relativamente sinxelo.


A parte dalgunhas dúbidas, creo que o máis complexo deste traballo foi ver como pasaban dúas horas e o único que avanzaras foron elixir as fotos, recortalas e subilas. Un traballo tedioso, que require moito tempo.


Coido que, a pesares da miña ausencia do sentido do deseño e a cor, quedou unha guía dalgúns dos faros máis impresionantes de Galicia bastante xeitosa.




1 comentario


angel.vizoso
03 ene 2024

A nivel de programación e de selección e presentación dos contidos está perfectamente solucionado. Tamén hai unha boa xestión das categorías e o menú funciona correctamente. Iso si, faltaría un último axuste nalgunha das imaxes das ventás emerxentes, xa que algunhas perderon a proporción. Exemplo disto sería a de Finisterre, onde está un pouco achatada. É importante ter en conta estas cousiñas que trasladan a sensación de erro pero, fora diso, moi bo traballo!

Me gusta
bottom of page