Galicia en escena: cartografía audiovisual
- paulahernandezplatero
- 17 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Para esta práctica decidín facer un mapa que incluíse algunhas das películas e series, tanto nacionais como internacionais, rodadas en Galicia. Escollín este tema xa que era unha idea que tiña desde hai bastante tempo e paréceme un contido atractivo e curioso. Eu mesma descubrín películas e series que non coñecía ou que non sabía que se gravaran en Galicia.
Cada produto audiovisual está representado cun símbolo correspondente: para as películas escollín unha cinta e para as series unha televisión. Cada despregable contén información sobre cada título: cartel, dirección, unha pequena descrición e a localización da rodaxe.
Con respecto a Flourish, penso que é unha aplicación moi interesante e bastante intuitiva unha vez que che acostumas a traballar con ela. Quizais os únicos problemas que apareceron á hora de realizar o traballo foron a dificultade de adaptar os carteis dos produtos audiovisuais ao espazo e condensar a información para que o texto non fose demasiado longo.
(Á hora de visualizar este mapa recomendo xogar co zoom e o desprazamento xa que hai partes que ao haber moitos símbolos non chegan a apreciarse a simple vista)
A xestión do mapa de base é boa e a das categorías co seu menú, tamén. O contido da ventá emerxente é o adecuado e está ben resolto, aínda que habería marxe para que este espazo tivese un pouco máis de ancho, facilitando así a lectura.
Ademais, tocaría facer un pequeno exercicio de revisión na presentación das iconas. Igual algo tan sinxelo como poñer unhas en branco e outras en negro segundo a categoría podería axudarche a distinguir en zonas como as Rías Baixas, onde temos bastante concentración de elementos. Ademais diso, este é un caso deses nos que eliminar as etiquetas dos lugares sería tamén unha axuda, eliminando o exceso de contido desa primeira vista do mapa. Tocaría facer…