Galicia, contra vento e marea, mantense como referente no sector do mar
- iriapeniza
- 25 ene 2024
- 3 Min. de lectura
A pesares dos numerosos problemas aos que debe facer fronte, o sector pesqueiro en Galicia continúa sendo o máis importante de España
Iria Peniza
Galicia conta con 1.498 km de costa polo que case un cuarto dos concellos galegos teñen un contacto directo co mar. Isto coloca ao sector pesqueiro como un dos principais sectores económicos de Galicia e cun maior impacto social. De feito, máis da metade dos buques de bandeira española son galegos, un total de 4.739 embarcacións.
Nos últimos tempos, o sector pesqueiro leva loitando con numerosos problemas ao longo de cada unha das súas fases: desde a produción ao consumo dos produtos do mar.
Quen ven detrás?
Esa é a pregunta de moitos veteranos do mar, que asisten preocupados a como o tempo pasa e non hai un relevo xeracional que poda manter o sector. Gran parte dos busques pesqueiros mantéñense a flote grazas a traballadores doutros países como Ghana, Senegal, Perú, Marruecos ou Indonesia.
“Eu levo cinco anos traballando con indonesios, solo os de título grande son galegos: patrón, motorista e costa”, conta Julio Peniza, con máis de 30 anos de experiencia como mariñeiro. “A xente nova non quere vir, son meses fóra da casa e sen grandes comodidades”, asegura.
Nos últimos dez anos tituláronse nas escolas náutico-pesqueiras 1.850 profesionais, unha cifra totalmente insuficiente para a cantidade de buques galegos. Por iso, o sector busca novas solucións.
O presidente do Clúster Marítimo Español (CME), Javier Garat, aposta por unha reconversión dos reservistas da Armada como potenciais tripulantes. Garat asegura as sinerxias que traería, pois cando os cabos primeiros, cabos e mariñeiros cumpren 45 anos e cesan o seu servizo, teñen a posibilidade de incorporarse a traballos do ámbitos civil. Estes soldados “contan con anos de experiencia e titulacións de ponte, máquinas e formación básica”, explica Garat.
E como será a pesca do futuro?
Outras das preguntas que se fan moitos é que lles pasará aos barcos, nunha sociedade que reclama cada vez máis sostibilidade. No caso galego, a Xunta triplicou ata os 7 millóns as axudas para renovar e mellorar a habitabilidade dos buques, coa pretensión tamén de “atraer as novas xeracións”, explicaba o conselleiro galego do Mar, Alfonso Villares.

Julio Peniza cree que “dá igual o que fagas, o mar é o mar, non hai redes sociais, non hai tele, hai sorte o día que podes chamar a casa”.
A Unión Europea é vista moitas veces como outro dos grandes inimigos da pesca. Julio Peniza pensa que son xente de Bruxelas que non saben distinguir unha merluza dun peixe espada. Tamén Juan Manuel Vieites, presidente da con Federación de Empresarios de galicia, cree que a Unión Europea debe “reflexionar, buscar equilibrios entre a protección da biodiversidade e o mantemento da pesca sostible”.
As mulleres na costa, pero tamén do mar
Cando se pensa en sector pesqueiro é fácil relacionalo cos homes mariñeiros no mar, mais non hai que esquecer as mulleres mariscadoras ou redeiras que realizan estes duros traballos na costa.
Fini Rodríguez, redeira da Guarda, insiste tamén na falta de relevo xeracional: “somos 30 mulleres na nave e só unha ten menos de 30 anos, o resto case superamos todas os 50”. Unha situación similar ás das mariscadoras. Estas ademais dependen dunha maior temporalidade.
Pero tamén teñen que afrontar o perigo de vertidos que poden danar o marisco. Nas últimas semanas, tiveron que facer fronte á crise dos pellets. A portavoz das mariscadoras de Carril, María Porto, recorda na manifestación en defensa do mar, que o seu colectivo leva anos denunciando o deterioro das rías e dos ecosistemas que sustentan o modo de vida de miles de familias.
Tanto traballo para que?
O consumo de peixe en España reduciuse nun 33% en 15 anos, mentres que en Galicia baixou un 22%, pero segue manténdonse por riba dos 23 kg/persoa cada ano.
O peixe subiu menos que a maioría de alimentos e, aínda que abundan especiaes asequibles, sondeos din que certa poboación, considérao caro. Por iso, na cadea mar-industria buscan promocionar o seu consumo xuntos.
O secretario xeral da patronal conserveira Anfaco-Cecopesca, Roberot Alonso, constatou que “percíbennos como un produto de luxo”. Defende unha campaña cordinada a nivel nacional, mais que campañas de productos segmentados. Un exemplo é a campaña da Xunta de Galicia que leva xa máis de dous anos en pe´: “Galicia sabe amar”.
Luis Bustos, subdirector xeral de Adepesca, a asociación española de peixerías tradicionais, afirma que é posible baixar o IVE do peixe en España do 10% ao 4%, ou incluso suprimilo. “É urxente, necesario: unha fiscalidade sa por unha alimentación sa”.
Polo tanto, o presente do mar presenta problemas relacionados coa dispoñibilidade e relevo de profesionais, coas cotas e medidas impostas desde Europa e cun consumo social que baixa.
Pois pouquiño que dicir, xa que é un traballazo. A construción do relato é magnífica e o traballo de datos e de visualización moi bo. Na infografía hai tamén unha moi boa xestión do espazo e da cor, igual que no global do proxecto. Como punto a ter en conta no futuro (e na publicación noutras posibles plataformas) dicirche que non teñas medo a aproveitar o espazo á hora de incrustar os elementos. Por exemplo, o feito de ter posto o mapa de Datawrapper e o gráfico de xerarquía na mesma liña fai que se volvan moi pequenos e, por tanto, máis difíciles de consultar. Nestes casos axuda aproveitar todo o ancho que nos permita a web, para así facilitar…