Como evolucionou o número de vacas en Galicia nos últimos 10 anos?
- luciacamposgonzale
- 8 nov 2023
- 2 Min. de lectura
LUCÍA CAMPOS GONZÁLEZ - Práctica 2
Para esta práctica tomei un conxunto de datos dispoñible nesta dirección que fala sobre o número efectivos e explotacións de gando bovino en Galicia. Decidín centrarme nos datos que fan referencia ao número de vacas en cada comarca (gráfica e táboa) e concellos (mapa) nos anos 2012 e 2022 para calcular a súa evolución durante unha década.
O primeiro paso que realicei foi a limpeza de datos, e para iso descargueinos de xeito bruto e en formato Excel para logo facer varias follas cos datos xa modificados (quiteille o número referencial de cada comarca, arranxei algunhas palabras con caracteres non recoñecibles e fixen operacións para calcular a evolución entre anos). A continuación, o set de datos brutos e xa “limpos” no Excel que empreguei para esta práctica:
A maior dificultade desta práctica foi elixir que datos quería mostrar en cada formato, xa que por exemplo a gran cantidade de información que tiña sobre cada comarca facíase demasiado densa para a gráfica, mais na táboa axústabase ben. Polo que decidín que cada representación dos datos fose complementaria:
Gráfica: As 10 comarcas con maior número de vacas para comparar a súa evolución cos datos exactos e non con porcentaxes.
Táboa: Todos os datos das comarcas no 2012 e 2022 cunha pequena representación da evolución aportando o dato concreto.
Mapa: Toda a información por concello e non por comarca, xa que a búsqueda é máis concreta e personalizada.
Outra das complicacións foi a elaboración das operacións matemáticas para calcular a evolución, xa que non coñecía que o propio Excel podía executar a división cunha serie de comandos. Para a táboa calculeino a man, pero para os concellos busquei un tutorial de como facelo de xeito automático.
Gráfica
Táboa
Mapa
Realmente está todo perfecto, tanto no mapa como no gráfico e na táboa. O único que me toca sinalar é que o único dos tres espazos de visualización que se presenta no mesmo idioma no que está feito é o do mapa, onde si que nos aparece "Fonte". É unha cousa pequeniña e que logo se cambia, pero é tamén o único que se pode atopar dentro de todo o presentado. Moi ben traballado!