Evolución da tasa de paro xuvenil de cada comunidade autónoma española de 2002 a 2022
- nunomiguelalonso
- 11 nov 2023
- 2 Min. de lectura
Actualizado: 15 nov 2023
Nuño Alonso Lourido
Para levar a cabo a segunda práctica da materia decidín analizar a variación na tasa de paro xuvenil (menores de 25 anos) de cada autonomía entre os anos 2002, 2012 e 2022, xa que cumplía con exactitude (tanto a nivel de volume de datos como xeográfico) os requerimentos para desenvolver correctamente cada apartado do traballo ademais de ser un conxunto de datos comentado de forma habitual nos medios de comunicación. Os datos empregados en cada unha das representaciones (táboa, gráfico e mapa) foron extraidos do INE:
A maior dificultade no desenvolvemento da práctica foi a de adaptar un mesmo conxunto de datos a diversos formatos de xeito que se aproveiten as vantaxes que ofrece cada un deles (a interactividade do mapa, a sinxeleza da táboa e a visión de conxunto do gráfico). Tamén supuxo un reto atopar varios titulares distintos (os cales aportasen información de valor) para unha mesma mostra.
No caso da táboa, decidín poñer o foco sobre unha autonomía en concreto (Melilla), xa que foi a única que tivo un crecemento na tasa de paro (entre os menores de 25 anos) dende 2021, foi a que experimentou a subida máis pronunciada nas cifras e presenta a cifra porcentual máis alta de todo o país.
Respecto á gráfica, optei por remarcar a tendencia actual de cifras de paro xuvenil maiores que hai 20 anos (unha subida marcada principalmente pola crise do 2008 e a pandemia). Dende 2002, únicamente Cataluña, País Vasco e Castela e León presentaron un descenso nesta métrica.
Por último, no caso do mapa, decidín volver a remarcar as autonomías con tasas de paro xuvenil máis altas á vez que indicar as respectivas variacións respecto a hai 10 e 20 anos (nas etiquetas).
*Mapa de burbullas:
Está ben traballada a parte da cor e non hai fallos de programación. Ademais, a construción da ventá emerxente do mapa é boa. Tan só faltaría por revisar o idioma de visualización destes traballos que, se te fixas, está en inglés. Bo traballo!