España é un dos destinos máis solicitados para visitar
- Laura Grela
- 26 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Para realizar esta práctica centreime na temática de viaxes e turismo. Para iso, collín datos de dúas fontes distintas: empreguei un Eurostat para coñecer cales foron os aeroportos ao que viaxaron máis pasaxeiros dentro de Europa e a INE para descubrir a ocupación turística de estranxeiros. Os datos do estudo internacional son do 2018 polo que no ine collín tamén ese ano e ademais o 2021 para facer así unha comparativa.
Estes son os documentos cos datos:
En xeral, non tiven moita complicación en realizar ambas as dúas gráficas. Sen embargo, gustaríame poñer na “Hierachy” un título no medio como na do exemplo e iso non fun capaz. Porén, solucioneino poñéndolle un título na cabeceira. Na gráfica de dispersión tamén me gustaría que o 2018 estivera antes que o 2021, desta forma paréceme rara.
En primeiro lugar, sinalar que faltan dous axustes por facer que son comúns a ambos proxectos. Estes serían tanto a cor como a presentación das unidades. Tocaría facer que ambos materiais fosen na mesma liña nestes termos, asegurando así unha identidade conxunta. No de xerarquía, ademais, habería que mudar ese "all" do menú.
Polo demais, o traballo cos datos é correcto. Habería certa marxe para unha maior complexidade pero, en xeral, o presentado está a funcionar ben.