España, un país de postal
- Sergio Piñeiro
- 22 ene 2024
- 3 Min. de lectura
A industria do turismo é unha das máis importantes da economía española, representando máis dun 11% do PIB no ano 2022 tras a crise provocada pola pandemia

Cultura, paisaxes, arquitectura, gastronomía, música e un longo etcétera. A variedade de opcións que ofrece España ao longo do seu territorio xera unha oferta moi atractiva para os turistas de diferentes partes do mundo á hora de elixir o seu destino vacacional. Pero, cales son os seus destinos preferidos? Canto diñeiro do seu peto queda nas diferentes comunidades autónomas? E que opcións teñen para aloxarse?
Tras a pandemia da Covid-19, o negocio do turismo foi pouco a pouco recuperando forza ata achegarse aos niveis previos ao ano 2020. España atópase plenamente consolidado como un destino vacacional de sol e praia debido ás súas privilexiadas condicións climáticas dentro do continente europeo, unidas a unhas elevados índices de seguridade.
Os resultados do último verán, ofrecidos polo Instituto Nacional de Estadística, amosan que as comunidades autónomas nas que máis desenvolso fan os visitantes estranxeiros son a Comunidade de Madrid (1772€ por persoa) -debido prinicipamente á súa condición de capital e á ampla oferta de ocio que ofrece-, ademais das Illas Canarias (1567€ p.p.) e Andalucía (1330€ p.p.), onde a costa e o bo tempo teñen un enorme atractivo.
Por debaixo da media nacional (1328€ p.p.) seguen outros destinos habituais como as Illas Baleares (1308€ p.p.), a Comunidade Valenciana (1276€ p.p.) e Cataluña (1256€ p.p.), todas elas con modelos semellantes. Xa nun último escalón atopamos a media do resto das rexións que compoñen España -entre as cales se atopa Galicia-, que resulta en 1036€ por cada un dos turistas.
Dentro de cada unha desas rexións os turistas sempre teñen puntos de referencia aos que dirixirse. É neles onde se deixan ver cando viaxan ás principais cidades do país; monumentos ou zonas completamente familiares para nós na súa maioría, aínda que nalgúns casos poidamos esquecelos cando pasamos moito tempo ao seu carón.
Este caso é o de algúns barrios das nosas vilas e cidades, como As Sete Rúas de Bilbao, onde unha xuntanza de tabernas e locais de toda a vida conforman a identidade da capital biscaíña, mesturando pasado e presente para ofrecer aos seus visitantes un postal chea de cor da Euskadi tradicional e moderna. Unha idiosincrasia que se converte deste xeito no principal atractivo de cara ao exterior.
En canto ao resto, entre os monumentos máis populares das localidades máis habitadas do estado vemos algúns como a Basílica da Sagrada Familia de Barcelona, a sevillana Praza de España ou a Mesquita de Córdoba. Todos eles axudan a crear unha postal da historia española marcada unha mestura de culturas difícil de atopar noutras partes do mundo.
Galicia, unha oferta para diferentes gustos... e petos
O caso galego é outro dos que cada ano ve como máis turistas se deciden pola opción de desfrutar dunhas vacación máis tranquilas alonxadas do barullo das grandes capitais. O aumento de turistas que chegan a través do Camiño de Santiago, cruceiros ou simplemente coa intención de descubrir unha zona difente ás de sol e praia, fai necesario crecemento dunha oferta de hostaleria que vai paseniño adaptánose á demanda.
Tal e como se puido ver durante a campaña do Xacobeo 2021-2022, Galicia é un destino en crecemento e o número de visitantes vai en aumento. Algo que ten tamén consecuencias negativas e que os gobernos municipais tratan de paliar con maior ou menos éxito. É o caso dos pisos turísticos, que botan aos cidadáns 'de toda a vida' dos barrios céntricos das capitais para o seu uso como vivenda de aluguer temporal. Tamén os ruidos e a gran acumulación de xente son outros dos motivos polos que se queixan os habitantes de cidades como Santiago de Compostela, probablemente a que mellor representa este fenómeno na comunidade galega.
Pouquiño que dicir, xa que hai un moi bo traballo en todas as partes, tanto nas relativas ao texto como na parte gráfica. De feito, hai tan bo traballo que ata é unha mágoa que non leven a autoría nin a infografía nin o mapa! Sería pertinente tamén un mínimo axuste no formato de presentación das unidades pero, fóra deses dous detalliños, moi ben traballado! Noraboa!