En que zonas de Galicia medrou o alumnado de Educación Infantil?
- jorgenoyabotana
- 8 nov 2023
- 2 Min. de lectura
Actualizado: 14 nov 2023
Jorge Noya Botana
Para esta segunda práctica, decidín traballar sobre os datos do alumnado matriculado nos centros de Educación Infantil en Galicia. As cifras dispoñibles permiten elaborar unha comparativa entre o 2023 e o 2013 e coñecer así a evolución na última década.
A maior dificultade foi filtrar os datos, sobre todo para o mapa, que inclúe os números dos 313 concellos galegos. Os datos do IGE permitían filtralos por comarcas ou concellos, pero foi preciso revisalos para limpar os concellos que deixaron de existir e para incluir os de recente creación.
Ademais disto, no caso concreto da táboa e do mapa, foi preciso elaborar no Excel unha fórmula que calculase a variación porcentual, a cal permite visualizar mellor a evolución dos datos. Son estes:
O gráfico
Para realizar o gráfico escollín as comarcas con maior número de alumnado matriculado en Educación Infantil, co obxectivo de coñecer como evolucionou o dato durante a última década. Como vemos, son as comarcas que inclúen as sete cidades galegas (máis O Morrazo) aquelas onde o número é maior. Esta táboa permite coñecer a evolución en números absolutos
A táboa
No caso da táboa, optei por elaborala con máis datos. Incluín o número de matriculados en todas as comarcas de Galicia e introducín a variación porcentual entre o 2013 e o 2023. Esa variación porcentual vén ilustrada cunhas pequenas gráficas que permiten observar mellor este dato. Ademais, a táboa conta cun buscador que permite atopar os datos da comarca desexada, de maneira que a experiencia se adapte ao receptor.
O mapa
O mapa foi a parte máis entretida desta práctica. Inclúe os datos dos 313 concellos galegos e unha ventá emerxente en cada un deles onde se pode observar a variación en números absolutos (aparece o número actual e o do 2003) e o cambio porcentual entre ambos anos. Isto permite ter unha imaxe completa do asunto, que abarca a todos os municipios e permite personalizar a experiencia ao máximo. A maior complicación no caso do mapa deuse no momento de mostrar ben a gradación en cor dos datos, para garantir a súa comprensión.
A nivel de selección, traballo cos datos e xestión da cor e as formas gráficas, nada que dicir. Os tres elementos están perfectamente executados. O que se bota de menos é un pouco máis de edición no subtítulo, especialmente tendo en conta que no gráfico e na táboa son o mesmo. Polo demais, todo perfecto. Ben traballado!