Distribución de usuarios de albergues por comunidades autónomas
- Marta Reguera
- 10 nov 2023
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 14 nov 2023
Nesta práctica, amoso a través de tres elementos gráficos como se distribúen os usuarios de albergues (entendidos, segundo o INE, coma lugares onde os peregrinos se hospedan) nas distintas comunidades autónomas. Estes aparecen representados segundo a variable "peregrinos nacionais" ou "peregrinos estranxeiros".
Unha dificultade que atopei foi a busca de ideas. Non sabía moi ben que representar, e aproveitei a proximidade xeográfica para escoller a temática. En practicamente toda España, pero máis na nosa comunidade, hai usuarios de albergues, sexan da naturaleza que sexan. E así o quería amosar. Non sei se fixen ben en realizar a práctica por comunidades, pero non atopei os datos por provincias.
En sí, foi o meu primeiro contacto coa ferramenta. Por outra parte, penso que os tres gráficos por separado represéntanse mellor que en conxunto.
En xeral os tres traballos están ben traballados no terreo dos datos e no da cor. Ademais, as formas gráficas seleccionadas son pertinentes e están ben programadas. Iso si, falta por axustar o idioma de visualización, xa que ti traballas en galego e neste momento está en español.
A maiores, sobre o mapa, hai un "sen embargo" que se nos filtrou e que tocaría cambiar. Ben traballado!